Novas iconLIGA DE BOLOS (RIBADEO) 24.12.05 - 19:36
Pasado domingo 18 de Decembro rematou a primeira Liga de nadal de bolos, coa victoria de Ginés con 372 tantos, seguido de Suso do Freal con 266, e de Américo con 221. Ginés acumulou vantaxe nas dúas primeiras tiraxes, que resultaron ser as máis dificultosas, tanto po-las condicións climáticas como po-la dificultade das canchas en si. En segundo posto rematou Suso do Freal, que fixo na última tirada en Remourelle unha remontada espectacular, sobrepasando até tres tiradores que o precedían. En terceiro posto rematou Américo, poñendo fin a unha tempada irregular.
Publicada en Novas, por Luis Valea | comentar (0)
Vindouro 29 de decembro é a data elexida para a apresentación da selección galega de futbol. Este evento vai amosar –en certo modo- a nova liña que se vai levar a cabo dentro da política deportiva da actual Dirección Xeral para o Deporte.

Desde Brinquedia – Rede Galega do Xogo Tradicional traballamos na posta en valor do noso Património Lúdico, dentro do Património Imaterial; porque entendemos que a promoción do xogo tradicional galego leva implícita a promoción da cultura galega e –polo tanto- a reconciliación coa nosa cultura, con nós mesmos/as.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Novas iconNova Xornada da LNB 14.12.05 - 23:02
A Asociación Cultural O Varal segue adiante coa súa particular Liga Nacional de Billarda.

Nesta ocasión, será a parróquia fozense de Vilaronte quen acollerá -vindouro domingo 18 de decembro apartir das 3 e meia do serán- umha nova xornada da SUPERLIGA de Billarda - LNB. Será a 4ª xornada e será o II Torneu do Galo o que marque o ecuador desta competición.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional está participando desde pasado xoves 1 de dezembro na Feira MEGAXOVE, organizada pola Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense Expourense.

O Salón -que fecha o calendário de feiras desta institución- está adicado íntegramente á mocidade, componhendo umha alternativa de lezer na que se poden atopar espazos para praticar distintos desportes e actividades formativas, lúdicas e culturais. Máis información en expourense
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Os companheiros da Asociación Cultural O Varal, achegan-nos información sobre umha nova edición (a 3ª xá) da súa particular Superliga de Billarda, que se ven a celebrar na Marinha luguesa.

Esta competición -á que tambén chaman Liga Nacional de Billarda-comezou domingo 27 de novembro na parróquia de San Xusto (Ribadeo).

Para máis información entra no web de o varal ou segue lendo este artigo
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Novas iconLIGA DE BOLOS EN RIBADEO. 26.11.05 - 19:10
O vindeiro Domingo catro de Decembo vai comezar a primeira liga de nadal de bolos no concello de Ribadeo.

Para poñer colofón á tempada non pode ser de outro xeito que unha competición en condicións extremas. Cando o vento, a choiva e o frío se deixan notar tan só os tiradores máis expertos son quén de manter o tipo para facerse co último trofeo do ano.
Publicada en Novas, por Luis Valea Ler todo ... | comentar (0)
Vindouro 11 de novembro Brinquedia celebrará o Día do Pión. A estacionalidade do Xogo do Peón ven marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tais como Polo San Martinho, pións ao caminho (11 de novembro) e Polo San Amaro, pións ao faiado (15 de xaneiro), substituindo a palabra Pión nalgúns lugares por Peón ou Trompo e mesmo existindo algúns refráns máis como Pola Santa Olaia, pións á borralla.

Co paso dos anos, ademáis da estacionalidade, estamos asistindo á progresiva desaparición deste xogo, cicais substituido por outros xogos máis actuais e globalizados, cicais pola falla de espazos nos que xogar ou cicais por non ser tan doada como antes a súa adquisición.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Xá saiu a lume umha nova edición do Boletín que edita a Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais.

No boletín Jugaje fala-se da IV Asemblea da Asociación, que tivo lugar en Santander no pasado mes de agosto e na que Brinquedia participou como observadora.

Velaquí o número 8 de Jugaje. Para máis información, podedes consultar o seu web
Publicada en Novas, por lois pardo | comentar (0)
Vindouro sábado 22 de outubro, no concello ourensán de Vilar de Santos, vai ter lugar umha nova Asembleia de Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional..

O Concello de Vilar de Santos, entidade aderida a Brinquedia, traballou arreo na recuperación do Xogo da Porca, así como da identidade cultural e etnográfica da comarca da Límia.

Esta sesión de traballo ven precedida dumha reunión co Encarregado da Comisión de Cultura do Grupo Parlamentar do BNG (único grupo que respostou á nosa chamada), Quico Paz Antón e dumha outra xuntanza da Coordenadora da Candidatura do Património Imaterial Galego-português, que terá lugar venres 21 de outubro, ás 5 e meia do serán no Consello da Cultura Galega
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
A UNESCO ven de confirmar -mediante un ofício remitido aos Ministérios de Cultura de Espanha e de Portugal e trasladado á Comisión Promotora da Candidatura, a División de Património Imaterial da UNESCO- que o dossier da Candidatura As Tradicións Orais Galego-Portuguesas superou a fase de avaliación administrativa e xá está en mans do Xúri Internacional para a súa avaliación científica e a proclamación na última semana de novembro.

O dossier foi calificado de rigoroso e ben documentado, destacando un exhaustivo plano de acción sobre o conxunto deste património.

A Asociación Ponte...nas ondas!, promotora desde o ano 2001 desta Candidatura sente-se satisfeita polo reconhecimento deste traballo desenvolvido por un numeroso grupo de profesores e centros educativos que elaboraron durante anos esta Candidatura. Numerosas asociacións e entidades de Galiza e Portugal colaboraron nas diferentes partes do proceso. Actos de dinamización deste património ven-se realizando por todo o territorio de presenza desta cultura.

Vindouro sábado día 17 de setembro realizará-se en Vilafranca do Berzo un encontro de portadores deste património e umha xornada de apoio á Candidatura.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
«Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Seguintes»
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube