BRINQUEDIA – Rede Galega do Xogo Tradicional vén de participar na IV Asembleia da Asociación Europea de Xogos e Desportes Tradicionais, celebrada na fin de semana do 27 e 28 de agosto en Santander. Foi elexida esta data por coincidir coa celebración da Semana Bolística 2005 na capital cántabra, cuxa final presenzaron 5.500 espectadores.
A Candidatura do Património Inmaterial Galego-Português á UNESCO realiza esta fin de semana, 19 e 20 de agosto, un encontro de portadores no Occidente Asturiano, concretamente en San Tirso de Abres para dinamizar e divulgar o património imaterial galego-português.
A Asociación Xuvenil Xoldreira de Corbillón (A Merca - Ourense) está a organizar umha nova edición do Festijavilla '05 para vindeiro sábado 20 de agosto, umha xornada que pretende agrupar -nomeadamente- á mocidade da parróquia e contorna arredor de distintas manifestacións do noso Património Cultural.
Vindeira fin de semana, días 3, 4 e 5 de xunho, Melgaço acollerá un evento de promoción da Candidatura á UNESCO da Tradición Oral Galaico-Portuguesa, baixo o título de Galiza e Norte de Portugal: un património para o futuro.
Pasado 1 de maio, como ven sendo habitual nos últimos anos, a Asociación Deportiva da Chave de Ourense celebrou a Festa da Chave, unha xornada de xuntanza e convívio dos xogadores deste popular e tradicional deporte galego, que marca a fin das distintas competicións.
Os/as companheiros/as da Asociación Cultural O Varal seguen a traballar na promoción do xogo da Billarda pola zona de Barreiros. Así, fan-nos chegar a nova de que Domingo 29 de maio apartir das 4 da tarde o coliseum de Celeiro de Mariñaos acollerá a disputa do II Super-Palán de Primavera o que popularmente se conhece xá como o Torneu das frores. Este campionato vai reunir ao mais granado da elite da billarda galega e mundial, xá confirmaron asistencia palanadores do sur da Galiza como o vigués Aitor máis coñecido como o Vlado Gudelj da Billarda e a posíbel presenza de palanadores cubanos chegados directamente da super liga amateur de pelota da illa caribenha.