Esta fin de semana, Aranda del Duero acollerá un importante número de actividades arredor do xogo tradicional. Ademáis do Congreso de xogos (anunciado noutra nova deste web), o Palacio dos Condes de Avellaneda (en Peñaranda de Duero) acollerá tamén a Asemblea da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais – AEXDT, na que máis unha vez participará Brinquedia, ademáis dun Encontro internacional de xogos tradicionais. Galiza terá o seu espazo neste encontro, con presenza de 3 modalidades de Chave, 1 de Birlos e a Loita galega. Ademáis da galega, participarán tamén delegacións de Aragón, Asturias, Canarias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Valencia, Dinamarca, Finlandia, Francia e Portugal, entre outras.
Vindeiro venres 10 de xullo dará comezo na localidade burgalesa de Peñaranda de Duero o Congreso mundial de xogos tradicionais e saúde social. O Congreso, que se desenvolverá no Palacio dos Condes de Avellaneda. O programa contará con relatorios e comunicacións desde as 9 da mañá, nos que intervirán, entre outros []bGuy Jaouen[/b], Pere Lavega, Pierre Parlebas, Juan Carlos Martín Nicolás, Henning Eichberg, Chuchchai Gomaratut ou Óscar Incarbone, que desenvolverán as temáticas das súas presentacións arredor da relación entre as práticas lúdicas das distintas culturas e a saúde.
Pasado sábado 30 tivo lugar, no recinto feiral de Silleda o IV Encontro de xogos tradicionais. A previsión de participantes (polas inscricións) rondaba as/os 800 rapazas e rapaces, aínda que finalmente esta viuse incrementada, tanto pola parte dos centros de ensino como de numerosas familias da comarca que se achegaron até as instalacións da FIG aproveitando as boas condicións climatolóxicas (cicais de máis) da xornada.
O pasado 15 de maio, Carmen Acuña, parlamentaria do PSdG - PSOE, presentou unha pregunta no Parlamento de Galiza para que a Xunta explique se manterá o compromiso de construír un campo de xogos tradicionais galegos no concello d'A Veiga asinado polo anterior goberno. A parlamentaria socialista salienta o “especial interese” do proxecto por canto fomenta o turismo no concello e pon en valor as tradicións culturais galegas. Incluía tamén a pregunta se manterá o novo goberno a preocupación polos xogos tradicionais galegos e que actuacións -de ser así- ten previsto realizar nesa mesma liña.
O venres 5 de xuño ás 21 h.a A. C. Ponte...nas ondas! presenta no Verbum -no marco da XV edición da xornada da comunicación- unha revista oral destinada a presentar a proposta dos Tesouros Vivos do Patrimonio Cultural Galego-Portugués.
Hoxe tivo lugar no MUPEGA, en Compostela a presentación da IV edición do Encontro escolar de xogos tradicionais. Este ano serán as instalacións da FIG, en Silleda, as que acollan o evento, no que están inscritas/os arredor de 800 escolares de 17 centros escolares de todo o país. O acto decorrerá toda a xornada do sábado 30 de maio desde as 10.30 h. ofrecendo distintos espazos para a prática e exibición de distintos xogos tradicionais.
Esta fin de semana tivo lugar en Trasouteiro (Vimianzo) a XVIII Baixada de carrilanas, organizada pola Asociación Fray Diego e coa colaboración da A. X. Cherinkas. Máis de vinte carrilanas participaron na proba, que se desenvolveu con arranxo ao percorrido habitual de dous km na estrada de Serramo. A maior parte das carrilanas chegaron de Esteiro, da escudería Gerente. Tamén houbo participación de Vimianzo, Narón, Mesía ou Lestedo entre outros lugares. Impúxose a carrilana Árdelle o eixo de Narón, deixando no segundo lugar a A Costa de Esteiro. Tamén de Esteiro, Javilla rematou no terceiro lugar. A Fiera foi cuarta e Palcos Vimianzo quinta, ambas de Vimianzo.
Vindeiro 31 de maio a parroquia luguesa de Muimenta, no concello de Cospeito vai acoller a 1ª Festa de xogos tradicionais de Muimenta - Xotramu. Desde as 10.30 h. e ao longo de toda a xornada, a Asociación Cultural A. Iglesia Alvariño ten programado un completísimo programa de actividades.