Martes 13 de novembro de 2007, ás 12 h., a Asociación Ponte...nas ondas! e a Consellaría de Cultura, coa colaboración da Concellería da Cultura de Vigo, realizarán no Verbum-Casa das Palabras, a entrega dos premios do I Certame de Recolla da Tradición Oral.
Ao acto asistirán profesorado e alumnado dos centros educativos da Eurorrexión que resultaron gañadores nas diferentes categorías do Certame.
Os premiados recollerán o agasallo que a Consellaría de Cultura ofreceu aos gañadores e ademais unha figura escultórica do artista Antón Román creada para este Certame.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Pasado 27 de setembro, reunia-se na sé da Federación Galega de Xornalismo Deportivo, en Santiago de Compostela, o xuri dos III Premios Galicia de Xornalismo Deportivo. Para grande sorpresa nosa, este web foi elexido entre os premiados.
A entrega de prémios será o vindeiro 26 de novembro no hotel Husa Center, da Coruña.
Así que nada, parabenizar a todas/os quen participades do web, dun xeito ou doutro, xa que para vós é o recoñecimento
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Onte luns, 5 de novembro, ás 19:30 h., inaugurouse na Faculdade de Ciencias da Educación, da Universidade de Santiago (Campus Sur) unha exposición sobre os xoguetes tradicionais, da que son autores Xosé López González e Xosé Manuel García, autores tamén de diferentes publicacións sobre a materia, entre as que salientamos Os xoguetes esquecidos e Os xoguetes do lixo.
A mostra está incluida dentro do programa de actividades que a Comisión cultural da Faculdade organiza na temporada 2007-2008.

Horário da exposición
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Vindouro mércores 7 de novembro bota a andar a Mostra de Património Cultural Inmaterial Galego-Portugués na céntrica Praza da Ferrería, da cidade de Pontevedra, e faino coa intención de visibilizar o Património Imaterial desta comunidade cultural e concienciar á sociedade da necesidade de salvagardalo. Conta coa organización do Proxecto RONSEL, en colaboración coa Asociación Ponte… nas Ondas! e a Asociación de Gaiteiros Galegos, ademáis da colaboración do Concello de Pontevedra.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Novas iconMorreu o mestre 30.10.07 - 02:44
Umha mui triste e inesperada nova ven de se producir nos últimos días da outra beira da raia.

António Cabral, un dos principais activos no estudo dos xogos tradicionais, da pedagoxía e da dinamización cultural através do xogo, deixou-nos de xeito inesperado na xornada do pasado 23 de outubro. Poeta, novelista, dramaturgo e ensaísta, publicou ao longo da súa vida numerosos traballos sobre o xogo tradicional, ademáis de promover a realización de inúmeros eventos relacionados co património lúdico galego-portugués.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
III Dí­a do Peón 23.10.07 - 19:33
Vindouro 9 de novembro é a data elixida por Brinquedia para a celebración da 3ª edición do Dí­a do Peón. A estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseoloxí­a galega por dous refráns tais como Polo San Martiño, peóns ao camiño e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado, substituindo a palabra Peón nalgúns lugares por Pión ou Trompo e mesmo existindo algúns refráns máis como Pola Santa Olaia, peóns á borralla.
O grande suceso acadado nas pasadas edicións, chegando aos máis de 4 milleiros de participantes o ano pasado, impulsados nomeadamente por distintos centros de ensino de todo o paí­s, fai-nos reflexionar sobre as potencialidades deste pequeno brinquedo, que con un rico contido oral apegado á nosa cultura nos proxecta dentro do ludismo universal.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Novas iconMemorial Luciano do Louro 13.09.07 - 19:47
Pasado domingo 9 a parróquia de Órrea, no concello lugués de Riotorto, acolleu o Memorial Luciano do Louro, xogador da ARCASCO tristemente finado nos comezos deste ano.

Participaron no certame trinta xogadores de Riotorto (Santalla, Santa Marta, Chacín e Órrea), d'A Pastoriza (Pousada, Baltar, Crecente e Rigueira), de Meira, de Mondoñedo, d'A Pontenova (Santalla), de Xove e de Ribadeo.

Nunha xornada calurosa, todos os participantes amosaron excelentes cualidades como xogadores de birlos e como persoas, nunha terra acolledora e nun acto verdadeiramente emotivo.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Santalla, un lugar pertencente á parroquia de Vilameá, no concello da Pontenova, conseguiu o sábado, 25 de agosto, acadar os dous obxectivos que levaran aos seus veciños e veciñas a convocar a I Mostra de Xogos Tradicionais de Galiza, Asturias, Castela-León e Portugal.

Por unha parte, foron quen de reunir nunha maratoniana e fermosa xornada preto de 60 modalidades lúdicas diferentes. Por outra, lograron que o mundo soubese que Santalla cre nun futuro a partir de agora unido tamén ao patrimonio lúdico.

Desde primeira hora da mañá representantes de asociacións, clubs e colectivos procedentes de todo o país, ademais de Asturias, Castela-León e Portugal, foron tomando posesión do lugar que a organización lles tiña reservado para amosar as súas prácticas lúdicas.
Publicada en Novas, por paco veiga Ler todo ... | comentar (0)
O veciño de Melide Guillermo Gómez Lareo foi o vencedor absoluto do I Campionato de Tirapedras da Galiza central, e Adrián Sánchez, tamén de Melide, proclamouse vencedor en categoría infantil.

O campionato reuniu a un total de 56 tiradores e tiradoras procedentes de Galiza, Euzkadi, Cataluña, Illas Baleares e Italia. A organización correu a cargo da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, no marco das festas de verán da vila de Melide, e estivo apoiada pola Fundación Deporte Galego, ademais de polo propio Concello de Melide e pola Sociedade de Pesca Deportiva Ponte Mazaira. A convocatoria supuxo o broche final á I Festa dos Xogos Tradicionais da Terra de Melide, celebrada ao longo de dúas xornadas.
Publicada en Novas, por paco veiga Ler todo ... | comentar (0)
O Torneo Galego de Bolo Celta, o Torneo de Chave, a Billarda, diferentes modalidades de Birlos, o Corte de Troncos en Altura, a exposición e o obradoiro de xoguetes tradicionais conforman algúns dos preto de 60 xogos e deportes tradicionais de Galiza, Asturias, Castilla-León e Portugal que se poderán ver e practicar o 25 de agosto en Santalla - A Pontenova.

A Mostra desenvolverase nunha parcela de 4.000 metros cadrados, rodeada de alpendres, cabozos, hórreos e monte, sen dúbida nun marco incomparábel semellante aos espazos utilizados tradicionalmente para a posta en práctica dos xogos.
Publicada en Brinquedia - novas, por paco veiga Ler todo ... | comentar (0)
«Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Seguintes»
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube