
Máis de 100 embarcacións van participar no
IX Encontro que este ano 2009 ten como sede a vila de
Muros. Este evento é o máis senlleiro dos organizados pola
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF), que xa conta con 8 edicións anteriores, e que cada dous anos reúne nunha vila mariñeira galega a embarcacións tradicionais e tripulacións chegadas de toda Galiza e doutros portos peninsulares e europeos para celebraren unha grande xuntanza festiva, de exhibición e reivindicación do patrimonio marítimo.
Programa definitivo A vila de Muros está situada estratéxicamente nas Rías Baixas e perto da Costa da Morte, na ría de Muros e Noia. Esta vila mariñeira de orixe medieval, actualmente en proceso de rehabilitación dos seus edificios e espazos públicos, conserva toda a fasquía tradicional e está declarada conxunto histórico. Este carácter singular que a fai única en toda a beiramar galega, xunto coa inmensa riqueza patrimonial e paisaxística do seu contorno, convértena nun escenario privilexiado para a celebración da gran festa marítima de Galiza.
Como chegarMañá
día 9 tamén ficarán inauguradas as Xornadas Técnicas que se enmarcan no
IX Encontro.
As Xornadas, organizadas polo
Museo do Mar de Galicia e centradas nos Ecomuseos e o desenvolvemento sostible, irán orientadas a debater sobre a protección do patrimonio marítimo e natural e a espertar o incremento dun turismo activo baseado na riqueza patrimonial da ría de Muros e da Costa da Morte.
Non só vai haber navegación no Encontro, tamén vai haber moita música.
Cada noite vai ter unha programación adicada a un tipo de música, empezando por mañá xoves, onde predominarán o rock e o funky, por conta dos grupos:
23h00.-
Doomsday Clock00h00.-
Chotokoeu01h30.-
Som do Galpom.
Ademáis, o
Chasula e o
Hidria ofrecerán saídas ao mar durante todo o Encontro. Por un prezo de entre 15 e 20 € as/os adultos e 10 € as/os máis pequenas/os, estas dúas embarcacións realizarán percorridos pola ría acompañando aos barcos do propio Encontro.
