Cabeceira www.xogospopulares.com

  

WEB PROVISORIA POR MUDANZAS NO SERVIDOR.

ÚLTIMA ACTUALIZACIÓN: 13/09/05

MÁIS INFORMACIÓN: info@xogospopulares.com

A UNESCO confirma boas novas sobre a Candidatura 13.09.05 - 01:09
A UNESCO ven de confirmar -mediante un ofício remitido aos Ministérios de Cultura de Espanha e de Portugal e trasladado á Comisión Promotora da Candidatura, a División de Património Imaterial da UNESCO- que o dossier da Candidatura As Tradicións Orais Galego-Portuguesas superou a fase de avaliación administrativa e xá está en mans do Xúri Internacional para a súa avaliación científica e a proclamación na última semana de novembro.

Traditional way of doing business is no longer worth it, you need to come up with a shocking plan to get the piece of market cake. Take a look at these guys @ american pervert xxx and their business of running xxx apparel company.

Get the most shocking footage by visting 18 and abused tube.

O dossier foi calificado de rigoroso e ben documentado, destacando un exhaustivo plano de acción sobre o conxunto deste património.

A Asociación Ponte...nas ondas!, promotora desde o ano 2001 desta Candidatura sente-se satisfeita polo reconhecimento deste traballo desenvolvido por un numeroso grupo de profesores e centros educativos que elaboraron durante anos esta Candidatura. Numerosas asociacións e entidades de Galiza e Portugal colaboraron nas diferentes partes do proceso. Actos de dinamización deste património ven-se realizando por todo o territorio de presenza desta cultura.

Vindouro sábado día 17 de setembro realizará-se en Vilafranca do Berzo un encontro de portadores deste património e umha xornada de apoio á Candidatura.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
BRINQUEDIA achega-se a Europa 08.09.05 - 00:53
BRINQUEDIA – Rede Galega do Xogo Tradicional vén de participar na IV Asembleia da Asociación Europea de Xogos e Desportes Tradicionais, celebrada na fin de semana do 27 e 28 de agosto en Santander. Foi elexida esta data por coincidir coa celebración da Semana Bolística 2005 na capital cántabra, cuxa final presenzaron 5.500 espectadores.

Brinquedia asistiu como observadora, atendendo ao convite do Presidente da AEXDT Guy Jaouen, e no seu nome participaron da mesma Paco Veiga (Secretário de Brinquedia), Luisa Martínez e Xan Méndez, da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT). Ademáis da participar da Asemblea, a intención dos representantes galegos era solicitar a integración da Rede Galega do Xogo Tradicional no ente europeo -nova mui ben acollida polo resto dos participantes- ademais de sulinhar o interese de dar a conhecer os proxectos da AEXDT aos deputados galegos en Estrasburgo e á propia Administración Autonómica.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Novas iconVII Encontro de Xogos Tradicionais d'As Eiroás 03.09.05 - 15:27
Ao igoal ca nos últimos anos, a primeira semana de setembro é a elexida polo bairro ourensán d'As Eiroás para celebrar a súa Semana Cultural, que neste ano extendeu o programa ao longo do mes de agosto. Nela ten cabida diversas actividades relacionadas con distintas manifestacións culturais, nomeadamente, da nosa Cultura. Este ano, a A VV d'As Eiroás converteu os actos desta Semana en apoio á Candidatura de Património Imaterial Galego-Português.
Como cada ano tambén, a Semana Cultural fecha-se con un Encontro de Xogos tradicionais, que terá lugar manhá domingo 4 de setembro apartir das 5 da tarde a carón do Local Social.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Novas iconBOLOS EN CEDOFEITA (RIBADEO) 24.08.05 - 22:33
O pasado vintecatro de Xullo celebrouse a segunda edición da tirada de bolos das festas da Madalena en Cedofeita.

Os xogadores locais Esteban e Suso do Freal erixironse gañadores con 96 tantos na final.
Quedou no segundo posto a parella formada por Luis é Xaime, de Orrea con 80 tantos, seguidos moi de perto por Xurxo é Xosé María, tamén de Orrea, con 79 tantos.

O mellor tirador individual foi Pablo Seijo, de Couxela.
Publicada en Novas, por Luis Valea Ler todo ... | comentar (1)
O Património Galego-português en Asturias 18.08.05 - 20:43
A Candidatura do Património Inmaterial Galego-Português á UNESCO realiza esta fin de semana, 19 e 20 de agosto, un encontro de portadores no Occidente Asturiano, concretamente en San Tirso de Abres para dinamizar e divulgar o património imaterial galego-português.

Con este evento, trata-se de visibilizar a existéncia dun rico e variado património de carácter imaterial, e polo tanto asociado coa existéncia das persoas que o preservan, denominadas de maneira xenérica como "portadores" na terminoloxía da UNESCO.

As tradicións orais galego-portuguesas manifestan-se no Occidente de Asturias dun xeito especialmente intenso, dadas as afinidades xeográficas e culturais existentes, e a existéncia de formas de vida tradicionais até há moi poucos anos, debido ao isolamento xeográfico da rexión.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Novas iconFestijavilla '05 18.08.05 - 19:59
A Asociación Xuvenil Xoldreira de Corbillón (A Merca - Ourense) está a organizar umha nova edición do Festijavilla '05 para vindeiro sábado 20 de agosto, umha xornada que pretende agrupar -nomeadamente- á mocidade da parróquia e contorna arredor de distintas manifestacións do noso Património Cultural.

A programación que ten prevista tambén inclúe un lugar para os xogos tradicionais, atopando o seu espazo entre ritmos e manifestacións musicais tradicionais e contemporáneas.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Novas iconVoltamos a brincar entón 18.08.05 - 19:32
Antes de máis, desculpas por este mes de silencio do web.
Entre as férias, o traballo, os compromisos e un hacker que nos estivo a dar a tabarra durante umha pequena temporada, non fomos quen de ir actualizando este humilde portal que pretende informar sobre a actualidade arredor do noso Património Lúdico.
E foi ademáis nun mes cheo, carregado de actividades, de festas, de xornadas... que gardaban un lugar para os xogos tradicionais.
Seguimos, pois, coa nosa andaina.
Publicada en Novas, por lois pardo | comentar (0)
Novas iconNova xornada da Liga de Chave de Ferrolterra 07.06.05 - 01:53


Eis os resultados da 17ª e da 18ª Xornada da Liga de Chave de Ferrolterra.


Na Primeira División apreciamos como as equipas de O Pazo e M. O'Campo ocupan o alto da cladificación, mentres que na 2ª división encabezan a táboa as equipas de A.VV. Esmelle e M. Picas.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Novas iconGaliza e Norte de Portugal. Un Património para o futuro 01.06.05 - 14:25
Vindeira fin de semana, días 3, 4 e 5 de xunho, Melgaço acollerá un evento de promoción da Candidatura á UNESCO da Tradición Oral Galaico-Portuguesa, baixo o título de Galiza e Norte de Portugal: un património para o futuro.
Ao longo de toda a Mostra, os promotores da Candidatura darán a conhecer e promocionarán a súa proposta con un completo programa de actividades de música tradicional, gastronomía, artes e oficios, teatro, e tambén xogos tradicionais, que implicará a máis de trescentas persoas e músicos arraigados na tradición oral galega e portuguesa.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Novas iconFesta da Chave en Ourense 30.05.05 - 23:29
Pasado 1 de maio, como ven sendo habitual nos últimos anos, a Asociación Deportiva da Chave de Ourense celebrou a Festa da Chave, unha xornada de xuntanza e convívio dos xogadores deste popular e tradicional deporte galego, que marca a fin das distintas competicións.

O día comezou con unha Misa Campestre, que deu paso a un Xantar de Confraternización e á entrega de prémios. Todo isto acompanhado da prática do xogo da Chave e de animación musical por conta dun bon grupo de Gaiteiros. Mália xá pasou algún tempo, achegamos aquí a nova cos resultados das competicións do último ano.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)

 
Altega,S.L. some rights reserved 2004 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube