Ven de inaugurarse na localidade oscense de Campo un monumento ao xogo das Birllas, ou mellor dito, ás “mullés de Campo” por saber manter viva unha tradición herdada das súas nais.
Nas pasadas semanas, concretamente o 9 e 10 de xullo, levouse a cabo a Asemblea de verán da AEXDT. Foi nesta ocasión a localidade portuguesa de Guarda, através dos amigos da Associação de Jogos Tradicionais da Guarda quen acolleu o evento.
En pleno verán estanse a desenvolver por todo o país diversas concentracións e baixadas de carrilanas. Algunhas delas conforman probas puntuables para os campionatos galego e español; outras conservan un ton máis lúdico e festivo exclusivamente. Tamén as tradicionais carrilanas de madeira vanse vendo substituidas -pouco a pouco- pola fibra de vidro e outras práticas do que se ven en chamar “deportes de inercia”.
Unha nova que nos chega desde a Franza. Por iniciativa de Philippe Vitel, deputado do Var, e de Alain Marc, deputado do Aveyron, creouse unha Irmandade Parlamentaria francesa dos Xogos e Deportes tradicionais, despois dunha reunión mantida o pasado martes 29 de xuño de 2010 na Asamblea Nacional francesa. esta xuntanza levouse a cabo na presenza de Rama Yade, Secretario de Estado para o Deporte e baixo a súa Presidencia de honra. Á mesma sistiron numerosos parlamentarios, ademáis de Guy Jaouen Presidente da Asociación Europea dos Xogos e Deportes Tradicionais, e Daniel Grandin Presidente da Federación Francesa de Bowling e Xogos de bolos.
Vindeiros días 10 e 11 de xullo celebrarase na Praia fluvial do río Liñares o festival DiverDeSa (Diversión, Deporte e Saúde), unha macroxuntanza deportivo-cultural na que se contará, entre outras cousas, con mostras, exhibicións e competicións de máis de coarenta modalidades deportivas.
Vindeiro 6 de xuño a parroquia luguesa de Muimenta, no concello de Cospeito acollerá unha nova edición da Festa de xogos tradicionais de Muimenta - Xotramu. Desde as 11 h. e ao longo de toda a xornada, o recinto Manuel Vila López acollerá o completo programa de actividades que a Asociación Xogos Tradicionais de Muimenta, coa colaboración dos veciños da parroquia e da Asociación Cultural A. Iglesia Alvariño ten previsto.
Na pasada semana, a colonia senegalesa en Ourense festexaba o 50º aniversario da independencia do seu país. E facíao através dun programa de actividades que incluían cinema, conferencias, gastronomía, deportes e música. O día grande do seu programa foi o sábado 10 de abril, día que recibiron a visita do vice-cónsul do Senegal en España. Nesta xornada houbo tempo para a degustación gastronómica, a música senegalesa e galega e unha demostración das loitas tradicionais de cada país, o lamb, ou loita senegalesa, e a loita galega.