
Esta fin de semana,
Aranda del Duero acollerá un importante número de actividades arredor do xogo tradicional. Ademáis do Congreso de xogos (anunciado noutra nova deste web), o
Palacio dos Condes de Avellaneda (en
Peñaranda de Duero) acollerá tamén a Asemblea da
Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais – AEXDT, na que máis unha vez participará
Brinquedia, ademáis dun
Encontro internacional de xogos tradicionais. Galiza terá o seu espazo neste encontro, con presenza de 3 modalidades de
Chave, 1 de
Birlos e a
Loita galega. Ademáis da galega, participarán tamén delegacións de Aragón, Asturias, Canarias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Valencia, Dinamarca, Finlandia, Francia e Portugal, entre outras.
Outras actividades que se levarán a cabo nestas datas son:
Do 7 ao 12 de xullo.- Exposición de pintura “Los Juegos Tradicionales y su entorno” de Ángela Gavilán, no Palacio dos Condes de Avellaneda de Peñaranda de Duero
Do 7 de xullo ao 13 de setembro.- Exposición UN AÑO DE JUEGOS en Peñaranda de Duero, na Casa da Artesanía.
Do 27 de xullo ao 2 de agosto.- Exposición de xogos tradicionais e xoguetes de época no Salón de Usos múltiples da Cova de Roa.
Durante o mes de agosto a exposición “Un año de Juegos”, visitará, co patrocinio do Instituto Provincial para o Deporte e Xuventude de Burgos, distintas localidades da provincia.
Programa do EncontroRueiro de Aranda del DueroPlana da Ribeira do Douro