Bibliograf�a relaccionada total ou parcialmente cos xogos tradicionais.

Descripción de los juegos de la infancia
Autor: Vicente NAHARRO - Ano: 2008 (Ed. orixinal de 1818) - Editado por: Editorial MAXTOR (Ed. orixinal con licencia da Imprenta que foi de Fuentenebro)- Páxinas: 78 - Con ilustracións en B/N - I.S.B.N.- 84-9761-532-8.
Comentário: Edición facsimilar deste libriño, no que o autor, a través de 6 láminas (reproducidas nas páxinas do interior) nos achega os xogos da infancia que, como di no subtítulo do libro, son "máis propios para desenvolver as facultades físicas e morais, e para servir de abecedario ximnástico".
Juegos y juguetes de los niños del mundo
Autor: Gabriel CHANAN e Hazel FRANCIS - Ano: 1984 - Editado por: Serbal - UNESCO - Páxinas: 127 - Con ilustracións en Cor - I.S.B.N.- 84-85800-85-3 (Serbal) - 92-3-302216-1 (UNESCO).
Xogos populares en Pontevedra
Autor: José CASAL Y LOIS - Ano: 2008 - Editado por: Consello da Cultura Galega - Museo de Pontevedra - Colección: Base - Páxinas: 248 - Con ilustracións en B/N - Edición, estudo introdutorio transcrición e notas por Xosé FUENTES ALENDE - I.S.B.N.- 978-84-96530-71-3
Comentário: O Consello de Cultura Galega, na súa política de recuperar e dar a coñecer textos inéditos, propuxéralle hai tempo a Xosé Fuentes a transcrición do orixinal de José Casal sobre xogos populares e divertimentos que conserva o Museo de Pontevedra, traballo que agora ve a luz precedido dunha introdución en que se estuda a personalidade e a obra do médico pontevedrés.
Xoguetes e sons da natureza
Autores: Jaime LÓPEZ PICALLO (coord.) e outras/os - Ano: 2000 - Editado por: Xunta de Galicia - Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado - Páxinas: 90, con ilustracións en cor I.S.B.N.- 84-453-2953-7
Comentário: A combinación xoguete, xogo e natureza son, sen dúbida, o cerne da creatividade da infancia e xuventude, permitindo o uso e potenciación das facultades físicas e anímicas.
Xoga en galego
Autores: Fran VARELA e Comisión Galiza - Ano: 2007 - Coordenador: Xulio César IGLESIAS Editado por: Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia - Páxinas: 104, con ilustracións D.L.- C-1017-07
Comentário: Esta publicación é o resultado dunha liña de traballo permanente da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia: recuperar, promocionar, potenciar... a cultura galega nas súas diferentes expresións. Este libro representa o seu esforzo por converter o tempo libre nun momento educativo, de recuperación cultural e intercambio interxeracional.
Aspectos recreativos de los juegos y deportes tradicionales en Espana
Autores: Cristobal PALOS; David MATA; Javier GÓMEZ - Ano: 1993 - Publicado por: Gymnos Editorial - Páxinas: 184 I.S.B.N.- 8480130040
Comentário: Describe as "luitas xinásticas", os xogos de locomoción, os lanzamentos de distancia con elementos, xogos con bolas, deportes de luita, probas acuáticas... son algúns dos xogos e deportes tradicionais tratados neste libro. Unha obra prática para cualquer profisional relacionado co ámbito da educación física, o deporte e a recreaión, realzando os aspectos recreativos destes xogos, características que facilitnm a súa implementación.
Catálogo de los deportes y juegos motores tradicionales canarios de adultos
Autores: Jose MORENO; Ulises CASTRO; Vicente ADELANTADO; Francisco JIMÉNEZ - Ano: 2007 - Publicado por: Comisión de los Juegos y Deportes Autóctonos y Tradicionales de Canarias - Páxinas: 334 I.S.B.N.- 9788497291101
Comentário: Esta obra ofrece o catálogo dos deportes e xogos motores tradicionais de adultos das Canárias, obtidos fundamentalmente através de unha recompilación, estudo e análise da documentación existente.
O Jogo do Beto no Concelho da Lousá
Autores: Paulo COELHO de ARAÚJO e Mário Duarte MAIA RODRIGUES (Autores, Editores) - Ano: 2005 - Publicado por: Atlântica Editora - Colección: Ação e movimento II (nº 1) - Páxinas: 96 I.S.B.N.- 9729060940
Comentário: Conhecer o património cultural de um povo é conhecer as suas raízes, as suas motivações, os seus sonhos, os seus medos, as suas crenças, as suas fraquezas, a sua força, a sua riqueza, o seu potencial. É, sempre, conhecermo-nos melhor. Neste trabalho, Mário Maia e Paulo Coelho conduzem-nos, de uma forma simples e objectiva, no aprofundamento do conhecimento e compreensão dessa cultura, nas suas vertentes lúdica, tradicional e popular, dando-nos a conhecer o Jogo do Beto, património local do Concelho da Lousã, que se eleva a património Universal, quando relacionado e enquadrado no estudo dos jogos e do seu papel nas sociedades ao longo da historia.
Revista Galega de Educación. OS XOGOS TRADICIONAIS
Autor: BRINQUEDIA - Rede Galega do Xogo Tradicional (coord.) e VARIOS - Ano: 2006 - Publicado por: Nova Escola Galega - Número 37 da "Revista Galega de Educación" - Director da publicación: Xesús Rodríguez Rodríguez - Páxinas: 142 (Ilustrado B/N) I.S.S.N.- 1132-8932
Comentário: [...]Nas seguintes o lector, a lectora, poderá atopar desde unha reflexión teórica sobre o papel do xogo tradicional nos nosos días, ata unha sintética viaxe polos proxectos de recuperación que se están realizando no noso medio próximo[...]
Juegos tradicionales y sociedad en Europa
Autor: Pere LAVEGA (ed.) e VARIOS - Ano: 2006 - Publicado por: Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais - Editado en 3 línguas: Castellano, Francés e Inglés - Páxinas: 287 (Ilustrado B/N) I.S.B.N.- 84-611-2150-3
Comentário: Actas do congreso de Santander e do proxecto Cultura 2000 da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais.
Homo ludens
Autor: Johan HUIZINGA - Ano: 1972 - 1998 (8ª ré-impresión) - Publicado en: Alianza Editorial (Nº4181 Colección "Humanidades - El Libro de Bolsillo") - Páxinas: 286 I.S.B.N.- 84-206-3539-1 (edición que se pode atopar hoxe con facilidade. Edición orixinal: Scholvinck, 1954 e em castellano Emecé Editores, 1968)
Comentário: Non só constitúe o xogo unha función humana tan esencial como a reflexión ou o traballo, senón que, ademáis, a xénese e o desenvolvimento da cultura posúen un carácter lúdico.
Enredos
Autor: Xoaquín LOURENZO - Ano: 1958 - 2003 (ré-edición) - Publicado en: A Nosa Terra - Museo do Pobo Galego - Páxinas: 88 I.S.B.N.- 84-96203-37-9 (ré-edición)
Comentário: A voz enredos ten na Galiza dous valores: úsase xeralmente para indicar algo de pouca importancia e sen trascendencia; cando se fala de froita, por exemplo, os nosos labregos acostuman a dicer “ises son enredos de rapaces”.
66 juegos populares para educar
Autor: J.J. JURADO, M. LÓPEZ de la NIETA e V. YAGÜE - Publicado en: Editorial CCS (Colección "Juegos") - Páxinas: 196 I.S.B.N.- 84-8316-807-3
Comentário: Xogos tradicionais adaptados para que traballen con eles os educadores, monitores de tempo libre e outros colectivos relacionados coa educación e o lecer.
Juegos de ayer para entrenar hoy
Autor: Cecilio BRAVO - Publicado en: Editorial CCS (Colección "Ocio y Tiempo libre") - Páxinas: 136 I.S.B.N.- 84-7043-9200
Comentário: 50 xogo tradicionais aplicados ao entrenamento deportivo. Hainos de habilidade, de forza, de pillar, de aplicación, de busca, con pedras, cordas, etc...
Libro de juegos para los niños de los otros
Autor: Ana María MATUTE - Ano: 1961 - 2003 - Publicado en: Ed. Lumen (Ed. orixinal) - Espasa Calpe, S.A. (Ed. 2003) - Páxinas: 47 (Ilustrado con fotos) I.S.B.N.- 84-670-1280-3
Comentário: No ano 1961, a editorial Lumen publicaba por primeira vez, con fotos de Jaime Buesa, Libro [...] Máis de 40 anos depois semella como se nada mudase. As fotografías de J. M. Sánchez Vigil e Manuel Durán [...], remiten a unha realidade que segue viva: a marxinación e a pobreza.
Diversiones cortesanas y populares
Autor: Luis CARANDELL (Prólogo) - Ano: 1994 - Publicado en: Biblioteca Nacinal - Ministerio de Cultura. Alinco, S.A. - Aura Comunicación (Nº 2 "Álbumes Biblioteca nacional") - Páxinas: 79 (Ilustrado con gravados) I.S.B.N.- 84-87711-83-9
Comentário: Toda a vida cortesá e señorial da Idade Meia está penetrada desta conceición cabaleiresca. É unha época na que a guerra ten muito "deportivo", muito de "xogo".
Juegos de todo el mundo. Cómo construirlos. Cómo jugarlos. Sus orígenes
Autor: Frederic V. GRUNFELD- Ano: 1978 (1975 - Edición orixinal) - Publicado en: EDILAN, Madrid - Páxinas: 280 (Ilustrado con fotos e debuxos) I.S.B.N.- 84-85197-120-7
Comentário: "Juegos de todo el mundo" colle o libro de Afonso X como un dos seus pontos de partida e a súa intención é chegar realmente a un resultado semellante: a fazer un compéndio dos pasa-tempos máis relevantes e fascinantes pensados para "procurar ledícia".
Les jeux traditionnels en Europe / Los juegos tradicionales en Europa. Educación, Cultura y Sociedad en el siglo XXI
Autor: Jean-Jacques BARREAU e Guy JAOUEN coa colaboración de Pere LAVEGA (Coordenación)- Ano: 2001 - Publicado en: Confédération FALSAB - Páxinas: 317 (Ilustrado con fotos) I.S.B.N.- 2-9504402-5-8
Comentário: Actas do colóquio de Plouguerneau (Bretaña) do 3 ao 7 de xullo do 1999 organizado pola FALSAB e o IIAC [...] Os deportes tradicionais e populares constitúen unha riqueza en Europa que na actualidade está-se vendo seriamente ameazada. [...] Esta situación esixe unha iniciativa política. para isto, apresentamos a seguinte resolución.
Juegos Populares de Castilla y León
Autor: Ignacio SANZ- Ano: 1983 - Publicado en: Castilla diciones (Nº 4 Colección "Nueva Castilla") - Páxinas: 95 (Ilustrado con debuxos) I.S.B.N.- 84-86097-03-7
Comentário: No noso país, polo menos na súa maioría, os xogos non son inteiramente autóctones, senón que se implantaron baixo a influencia doutras culturas. Tan só algúns semellan xogos aboríxenes; os demáis, se apresentan algunha singularidade con respeito ás descripcións realizadas por estudosos doutras rexións, é en cuestións de matices e pequenas variantes que se dan tambén dentro da própia rexión.
Juegos Infantiles en Vasconia
Autor: José Miguel de BARANDIARÁN e Ander MANTEROLA (Dirección)- Ano: 1993 - Publicado en: Etniker Euskalerria/Eusko Jaurlaritza/Gobierno de Navarra (Tomo VI "Atlas Etnográfico de Vasconia" - Páxinas: 934 (Ilustrado con fotos, debuxos e partituras) I.S.B.N.- 84-86833-62-0
Comentário: "Juegos Infantiles en Vasconia" é un traballo de investigación etnográfica realizado polos Grupos Etniker de Euskalerria que forma parte do Atlas Etnográfico de Vasconia deseñado por D. José Miguel de Barandiarán. Este volume que corresponde ao Tomo VI do conxunto do Atlas, é o segundo dos editados. O primeiro, referente à "Alimentación doméstica en Vasconia", saiu à luz en 1990.
«Anteriores  1 2  Seguintes»
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube