Este apartado está adicado a "Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional",
asociación nascida para dar cabida a todas as entidades que traballan arredor do património lúdico galego.
Inclue-se un apartado de novas xeneradas por Brinquedia, un directorio de membros (tanto persoas físicas como xurídicas),
os estatutos da asociación e un modelo de adesión.
Nos últimos meses, vense desenvolvendo unha campaña de comunicación promovida pola AEXDT e desenvolvida polas entidades que forman parte desta rede europea (en Galiza, Brinquedia e a AGXPT). A campaña consiste no contacto coas deputadas e cos deputados que conforman o Parlamento europeo, para darlles a coñecer as nosas reivindicacións e o noso interese na posta en valor do xogo de tradición cultural como elemento patrimonial.
Vindeiro xoves 11 de novembro Brinquedia convoca unha nova edición do Día do Peón. Despois das 5 edicións anteriores, a data vaise asentando para todas aquelas entidades que traballan arredor do xogo tradicional no noso país, nomeadamente nos centros de ensino. A repercusión e participación medra ano tras ano (acadando nas últimas edicións cifras superiores ás 10.000 persoas), e mantendo entre os seus obxectivos o de divulgar iniciativas encamiñadas á recuperación e conservación das actividades lúdicas tradicionais.