Este apartado está adicado a "Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional",
asociación nascida para dar cabida a todas as entidades que traballan arredor do património lúdico galego.
Inclue-se un apartado de novas xeneradas por Brinquedia, un directorio de membros (tanto persoas físicas como xurídicas),
os estatutos da asociación e un modelo de adesión.
Onte venres asinábase na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) un protocolo de colaboración entre o conselleiro de Cultura e Educación en funcións, Xesús Vázquez Abad e os presidentes da Comisión Organizadora do Eurofestival 2013 e de Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional, Xosé Lois Vázquez Pardo e Alberto Casal Lamas, respectivamente, para a promoción do xogo tradicional galego e máis concretamente, do festival europeo de xogos tradicionais e a Asemblea da AEXDT que terá lugar en Galiza no vindeiro ano 2013. No acto tamén estivo presente o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
O pasado 2 de xuño Brinquedia – rede galega do xogo tradicional celebrou unha nova edición do Encontro escolar de xogos tradicionais. Nesta ocasión, a convocatoria –de grande importancia para a promoción e difusión do xogo tradicional no ensino- tivo lugar na Fundación de Exposicións e Congresos d’A Estrada e nas súas inmediacións.
Vindeiro sábado 2 de xuño, é a data na que Brinquedia ten convocada a VI edición do seu Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. O evento celebrarase no recinto da Fundación de Exposicións e Congresos d’A Estrada.