Brinquedia

Este apartado está adicado a "Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional", asociación nascida para dar cabida a todas as entidades que traballan arredor do património lúdico galego.
Inclue-se un apartado de novas xeneradas por Brinquedia, un directorio de membros (tanto persoas físicas como xurídicas), os estatutos da asociación e un modelo de adesión.

Boletín nº 2 de Brinquedia 25.10.06 - 16:28
Chega o número 2 do Boletín de Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional.

Este Boletín, que se comezou a editar a finais do pasado mes de maio pretende achegar dun xeito telegráfico aquelas novas máis relevantes que, en relación a Brinquediaou aos xogos tradicionais, se van producindo no noso país. O deseño e maquetación do mesmo segue correndo por conta de Belén Fernández Guzmán e Xosé Díaz Díaz, membros da AGXPT.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo | comentar (0)
A Chave galega en Verona 20.09.06 - 00:06
Desde hai 4 anos, ven-se celebrando na localidade italiana de Verona –na rexión do Véneto- un Festival Internacional de Xogos na Rúa, chamado TOCA-TI. Neste festival fecha-se ao tránsito o centro histórico de Verona e adica-se a distintos xogos tradicionais europeos. Falamos dunha feira pola que pasaron –na súa última edición- máis de 85.000 persoas cada día.
Este ano, Galiza participará na feira por primeira vez. E fará-o da man de Brinquedia – Rede Galega do Xogo Tradicional, coa colaboración de Turgalicia; aportando ao evento o xogo da Chave.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Os xogos tradicionais chegaron á moda galega. E fixérono da man do deseñador ourensán Adolfo Domínguez, quen quixo incluir no seu novo catálogo de roupa infantil algunhas das práticas do noso Património Lúdico.

Consideramos esta unha nova importante, toda vez que -malia sexa de xeito simbólico- os nosos xogos deixan de ocupar o lugar máis afastado da escena, de representar "o vello"... o que "xa pasou", para confluir con un sector innovador e sempre en contacto coa parte máis actual da sociedade.

Parabéns a Adolfo Domínguez pola inciciativa.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo | comentar (0)
Ao longo da pasada fin de semana celebrouse en Cantabria o Congreso Internacional de Bolos e Xogos Tradicionais. Aló estiveron, en representación de Brinquedia, Xabier López, Anxo L. Eiriz e Secundino G. Mera.

Eis a reportaxe que nos envía o Xabier desde o evento:

Entre os días 14 e 17 de Setembro de 2006 celebrouse en Santander o Congreso Internacional de Bolos y Juegos Tradicionales.

Foi unha das actividades enmarcadas dentro do Proxecto Europeo Cultura 2000, financiado pola UE, correspondente a programas de cooperación cultural, á que asistiron algo máis de catrocentas persoas.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Unha representación galega, formada por catro xogadores de birlos ao canteiro d'A Órrea, dous xogadores de birlos celta de Nigrán, e tres membros da Xunta Directiva de Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional, estará presente durante os días 15, 16 e 17 de setembro en Santander. Nesta cidade desenvolverase un Congreso Internacional de Birlos e Xogos Tradicionais, unha actividade coa que se pon remate ao Proxecto "Cultura-2000". Este proxecto, desenvolvido por iniciativa da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais, pretendeu realizar un intento de catalogación do patrimonio lúdico europeo, así como tratar de indagar sobre os procesos de recuperación que se están levando a cabo.
Publicada en Brinquedia - novas, por paco veiga Ler todo ... | comentar (0)
Brinquedia, que é un dos colectivos integrantes da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais desde hai un ano, estivo representada na persoa do seu Secretario, na asemblea que a Asociación celebrou na cidade occitana de Rodez o pasado 12 de agosto.
Os actos que rodean a asemblea –na cal estiveron presentes a maior parte dos colectivos que forman parte da Asociación- tiveron lugar durante catro días, e incluíron recepcións, excursións... e a asistencia á fase final do campionato de Francia de Quilles de Huit (birlos de oito).
Publicada en Brinquedia - novas, por paco veiga Ler todo ... | comentar (0)
Vindouro sábado 24 de xuño -data salientábel no noso calendário- verá a luz un novo espazo adicado ás práticas lúdicas tradicionais galegas. Será no CEIP Mosteiro de Caaveiro, d'A Capela onde se inaugurará o Centro de Interpretación dos Xogos Tradicionais - Brinquedos.

Despois de varios meses traballando na adaptación dos patios exteriores da escola á creación de campos de xogos tradicionais, finalmente fará-se realidade a creación de espazos adicados a este tipo de actividade lúdica patrimonial.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
«Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguintes»
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube