Brinquedia

Este apartado está adicado a "Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional", asociación nascida para dar cabida a todas as entidades que traballan arredor do património lúdico galego.
Inclue-se un apartado de novas xeneradas por Brinquedia, un directorio de membros (tanto persoas físicas como xurídicas), os estatutos da asociación e un modelo de adesión.

Boletín de Brinquedia 25.05.06 - 21:41
Aproveitando o II Encontro Escolar, pasado 20 de maio, vía a luz o número 1 do Boletín de Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional.

Este Boletín, tanto en edición dixital como en papel, vai achegar aquelas novas máis relevantes que -mes a mes- se vaian producindo no noso país con repeito do Património Lúdico.

O deseño e maquetación do mesmo corre por conta de Belén Fernández Guzmán e Xosé Díaz Díaz, membros da AGXPT.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo | comentar (0)
Finalmente non se pudo desenvolver tal e como estaba previsto o II Encontro Escolar Galego de Xogos Tradicionais pasado 20 de maio en Culleredo.
Tras comprobar o estado no que se atopaban as instalacións da Acea da Ma, depois de aguantar a chuva da noite anterior e a que se seguía producindo na mañá do sábado, e ante a dificuldade (imposibilidade) de contar con un espazo cuberto que acollera 5 zonas de xogos diferenciadas para 900 rapazes, decidiu-se adiar o evento.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Mañá sábado 20 de maio as instalacións que a Fundación Deporte Galego ten na Acea da Ma (Culleredo) acollerán o II Encontro Escolar Galego de Xogos Tradicionais. Cuase 900 nenos e nenas de distintos pontos do país participarán desta actividade, aos que lle hai que somar outras 70 persoas entre coordenadores e colaboradores.

Apartir das 10 h. ao longo de toda a manhá, os/as escolares praticarán distintos xogos, distribuidos en 5 zonas e con rotacións periódicas. En cada unha destas zonas, haberá un espazo para a prática de 4 ou 5 xogos distintos; sendo o obxectivo de que todos os nenos pratiquen cada un deles. Entre estes xogos, están A Porca, O gato e o rato, A Zoadeira, Pase-Misí, Carreira de Sacos, A Turra-soga, A Ra, a Zorregada Co cinto, As Lombas, O Brilé...
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Mañá martes 16 de maio ás 11 e meia da mañá terá lugar a presentación do II Encontro Escolar galego de Xogos Tradicionais.

O acto terá lugar nos locais da Dirección Xeral para o Deporte, no Multiusos de San Lázaro (Santiago de Compostela). Na mesma participarán, ademáis de representantes de Brinquedia, o xerente da Fundación Deporte Galego, Javier Rico, o Director Xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, o Director Xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela Díaz, Xesús Glez. Serén, do MUPEGA e Beatriz Ríos Cebreiros do Consello Regulador Mel de Galicia

No Encontro, que este ano vai ter lugar vindouro sábado 20 de maio nas instalacións que a Fundación Deporte Galego ten na Acea da Ma, en Culleredo, conta tambén coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, do Museo Pedagóxico de Galicia, do Concello de Culleredo e do Consello Regulador Mel de Galicia.

A participación deste ano vai-se ver notabelmente incrementada ao estar inscritos cuase 900 escolares de distintos lugares do país, que gozarán de máis dunha vintena de xogos tradicionais ao longo da xornada.

Baixa-te o programa aquí
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo | comentar (0)
Vindouro mércores 5 de abril, ás 6 e meia da tarde, o Museo Pedagóxico de Galiza - MUPEGA acollerá umha nova reunión preparatória do II Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, previsto para o 20 de maio nas instalacións da Acea da Ma, dependentes da Fundación Deporte Galego e sitas no concello de Culleredo.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Eis as conclusións tiradas da 1ª convocatória da Mesa dos Birlos, celebrada pasado domingo 4 de marzo nos locais do Clube de Bolos A Carrasca, no concello pontevedrés de Nigrán.

Na foto, poden-se apreciar os momentos prévios das práticas das distintas modalidades presentes na xornada. Mentres xogadores de distintos pontos do país falan das particularidades do seu xogo, a Delegada da Consellaría de Cultura e Deporte de Pontevedra, Marta Souto fala con Daniel Pino, de Brinquedia
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
A imaxe de Brinquedia 06.03.06 - 18:51
Un logotipo deseñado por O Clube da Esquina pasa a ser, depois de cuase un ano de funcionamento da Rede Galega do Xogo Tradicional, a nova imaxe de Brinquedia.

Imaxe simple e crara que transmite movimento e dinamismo sen acoller-se a ningún icono lúdico que puder excluír a ninguén.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo | comentar (0)
«Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguintes»
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube