Brinquedia

Este apartado está adicado a "Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional", asociación nascida para dar cabida a todas as entidades que traballan arredor do património lúdico galego.
Inclue-se un apartado de novas xeneradas por Brinquedia, un directorio de membros (tanto persoas físicas como xurídicas), os estatutos da asociación e un modelo de adesión.

Mesa dos Birlos 02.03.06 - 15:37
Vindouro sábado 4 de marzo é a data elexida para a creación da Mesa dos Birlos, convocatória realizada conxuntamente por Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional e pola Federación Galega de Bolos.

Esta Mesa ten como obxectivo reunir ás distintas modalidades do xogo dos Birlos/Bolos existentes ao longo do país e prantexar, nun foro aberto, distintas propostas para a promoción e dinamización deste xogo/desporte tradicional.

A xuntanza coincide co início da Liga de Bolos Celtas, na bisbarra do Val Miñor e Baixo Miño; e á mesma asistirá a Delegada da Consellaría de Cultura de Pontevedra, Marta Souto.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Vindouro venres 3 de febreiro ás 6 e meia do serán, terá lugar nos locais do MUPEGA (en San Lázaro - Santiago de Compostela, á beira da saída 67 da Autoestrada do Atlántico) a primeira reunión preparatória do II Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.

Nesta reunión serán acordadas as condicións nas que se vai desenvolver o II Encontro, condicións tais como o lugar (ou lugares, no caso de que sexa preciso realizar a convocatória en vários pontos de Galiza), a data de celebración, o número de nenos e nenas participantes, etc.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Vindouro 29 de decembro é a data elexida para a apresentación da selección galega de futbol. Este evento vai amosar –en certo modo- a nova liña que se vai levar a cabo dentro da política deportiva da actual Dirección Xeral para o Deporte.

Desde Brinquedia – Rede Galega do Xogo Tradicional traballamos na posta en valor do noso Património Lúdico, dentro do Património Imaterial; porque entendemos que a promoción do xogo tradicional galego leva implícita a promoción da cultura galega e –polo tanto- a reconciliación coa nosa cultura, con nós mesmos/as.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional está participando desde pasado xoves 1 de dezembro na Feira MEGAXOVE, organizada pola Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense Expourense.

O Salón -que fecha o calendário de feiras desta institución- está adicado íntegramente á mocidade, componhendo umha alternativa de lezer na que se poden atopar espazos para praticar distintos desportes e actividades formativas, lúdicas e culturais. Máis información en expourense
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Vindouro 11 de novembro Brinquedia celebrará o Día do Pión. A estacionalidade do Xogo do Peón ven marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tais como Polo San Martinho, pións ao caminho (11 de novembro) e Polo San Amaro, pións ao faiado (15 de xaneiro), substituindo a palabra Pión nalgúns lugares por Peón ou Trompo e mesmo existindo algúns refráns máis como Pola Santa Olaia, pións á borralla.

Co paso dos anos, ademáis da estacionalidade, estamos asistindo á progresiva desaparición deste xogo, cicais substituido por outros xogos máis actuais e globalizados, cicais pola falla de espazos nos que xogar ou cicais por non ser tan doada como antes a súa adquisición.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Vindouro sábado 22 de outubro, no concello ourensán de Vilar de Santos, vai ter lugar umha nova Asembleia de Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional..

O Concello de Vilar de Santos, entidade aderida a Brinquedia, traballou arreo na recuperación do Xogo da Porca, así como da identidade cultural e etnográfica da comarca da Límia.

Esta sesión de traballo ven precedida dumha reunión co Encarregado da Comisión de Cultura do Grupo Parlamentar do BNG (único grupo que respostou á nosa chamada), Quico Paz Antón e dumha outra xuntanza da Coordenadora da Candidatura do Património Imaterial Galego-português, que terá lugar venres 21 de outubro, ás 5 e meia do serán no Consello da Cultura Galega
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
A UNESCO ven de confirmar -mediante un ofício remitido aos Ministérios de Cultura de Espanha e de Portugal e trasladado á Comisión Promotora da Candidatura, a División de Património Imaterial da UNESCO- que o dossier da Candidatura As Tradicións Orais Galego-Portuguesas superou a fase de avaliación administrativa e xá está en mans do Xúri Internacional para a súa avaliación científica e a proclamación na última semana de novembro.

O dossier foi calificado de rigoroso e ben documentado, destacando un exhaustivo plano de acción sobre o conxunto deste património.

A Asociación Ponte...nas ondas!, promotora desde o ano 2001 desta Candidatura sente-se satisfeita polo reconhecimento deste traballo desenvolvido por un numeroso grupo de profesores e centros educativos que elaboraron durante anos esta Candidatura. Numerosas asociacións e entidades de Galiza e Portugal colaboraron nas diferentes partes do proceso. Actos de dinamización deste património ven-se realizando por todo o territorio de presenza desta cultura.

Vindouro sábado día 17 de setembro realizará-se en Vilafranca do Berzo un encontro de portadores deste património e umha xornada de apoio á Candidatura.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
«Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguintes»
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube