Brinquedia

Este apartado está adicado a "Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional", asociación nascida para dar cabida a todas as entidades que traballan arredor do património lúdico galego.
Inclue-se un apartado de novas xeneradas por Brinquedia, un directorio de membros (tanto persoas físicas como xurídicas), os estatutos da asociación e un modelo de adesión.

BRINQUEDIA – Rede Galega do Xogo Tradicional vén de participar na IV Asembleia da Asociación Europea de Xogos e Desportes Tradicionais, celebrada na fin de semana do 27 e 28 de agosto en Santander. Foi elexida esta data por coincidir coa celebración da Semana Bolística 2005 na capital cántabra, cuxa final presenzaron 5.500 espectadores.

Brinquedia asistiu como observadora, atendendo ao convite do Presidente da AEXDT Guy Jaouen, e no seu nome participaron da mesma Paco Veiga (Secretário de Brinquedia), Luisa Martínez e Xan Méndez, da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT). Ademáis da participar da Asemblea, a intención dos representantes galegos era solicitar a integración da Rede Galega do Xogo Tradicional no ente europeo -nova mui ben acollida polo resto dos participantes- ademais de sulinhar o interese de dar a conhecer os proxectos da AEXDT aos deputados galegos en Estrasburgo e á propia Administración Autonómica.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
A Candidatura do Património Inmaterial Galego-Português á UNESCO realiza esta fin de semana, 19 e 20 de agosto, un encontro de portadores no Occidente Asturiano, concretamente en San Tirso de Abres para dinamizar e divulgar o património imaterial galego-português.

Con este evento, trata-se de visibilizar a existéncia dun rico e variado património de carácter imaterial, e polo tanto asociado coa existéncia das persoas que o preservan, denominadas de maneira xenérica como "portadores" na terminoloxía da UNESCO.

As tradicións orais galego-portuguesas manifestan-se no Occidente de Asturias dun xeito especialmente intenso, dadas as afinidades xeográficas e culturais existentes, e a existéncia de formas de vida tradicionais até há moi poucos anos, debido ao isolamento xeográfico da rexión.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Manhá sábado 21 de maio terán lugar en Santiago de Compostela os I Encontros Escolares Galegos de Xogos Tradicionais, organizados por Brinquedia e o Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago.

Acollerán o Encontro o Campo de Bonaval e o CEIP Apóstolo Santiago, onde perto dun milleiro de cativos e cativas, compartillarán unha xornada arredor dos xogos que forman parte do noso Património Lúdico.

Estes Encontros constitúen un Acto de Apoio á Candidatura de Património Imaterial Galego Português
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
BRINQUEDIA bota-se a andar 11.05.05 - 22:43
Unha vez constituida Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional, é o noso desexo dar-nos a coñecer, apresentando quen somos e os obxectivos que nos prantexamos cara o futuro.

Isto, xunto co primeiro acto que convocamos -os I Encontros Escolares de Xogos Tradicionais, que ademáis convertimos nun acto de apoio á Candidatura do Património Imaterial Galego-Português, é o que imos apresentar en ROLDA DE PRENSA xoves 12 de maio ás 12 da mañá no Salón Verde do Concello de Santiago de Compostela.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Pasado domingo 27, na Casa da Cultura de Riotorto, ficou constituida Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional. Cicais debido ao particular da xornada, a presenza física na Asemblea non foi mui numerosa, mália si foron muitas as entidades que manifestaron a súa intención de aderir-se a Brinquedia nas vindeiras datas.

Despois da Asembleia e antes da asistencia á Xornada de Birlos ao Canteiro que fechaba a Liga organizada pola Asociación ARCASCO, os/as asistentes achegamo-nos ao Pedregal de Irimia, lugar de nacimento do Pai Miño para fazer a "Foto de Família" do nacimento de Brinquedia, na que falta o Paco Veiga, que era o retratista.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Vindeiro domingo 27 de marzo, ás 12 da mañá, na Casa da Cultura do concello de Riotorto (Lugo) terá lugar a Asembleia Fundacional de Brinquedia-Rede Galega do Xogo Tradicional.

Á mesma están convocadas todas aquelas persoas e entidades con interese na defensa e promoción dos xogos tradicionais galegos, tiveran ou non asistido á xuntanza celebrada en Melide o pasado 26 de xuño.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
LEI DO DEPORTE DE GALIZA 15.03.05 - 00:04
BRINQUEDIA PROPÓN QUE SE CONTEMPLE UN ESPAZO PARA O PATRIMONIO LÚDICO GALEGO DENTRO DA LEI DO DESPORTE DE GALIZA


Brinquedia – Rede Galega do Xogo Tradicional ven de enviar unha serie de propostas para que os Xogos Tradicionais Galegos aparezan reflectidos e defendidos dentro da lexislación deportiva da Comunidade Autónoma.

Brinquedia é o producto dunha das conclusións tiradas do Congreso de Xogos Tradicionais celebrados o ano pasado en Ourense. Proxecto ao que se sumaron para asinar a Declaración de intencións (realizada en Melide, tamén o ano pasado) vinte e cinco entidades entre centros de ensino, asociacións e outros organismos e que prevé a súa fundación xurídica para vindeiras datas. Este colectivo nace dos desexos de unión e de traballo en conxunto de todas aquelas entidades e persoas sensibilizadas co Patrimonio lúdico galego. A denominación elixida intenta fuxir do manido concepto de coordenadora, pero tamén da administrativamente problemática idea de Federación. Polo demais, o significado do nome escollido non é nin máis nin menos que País de brinquedos, recollendo fielmente a idea da enorme riqueza do catálogo lúdico galego.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
«Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguintes»
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube