Este apartado está adicado a "Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional",
asociación nascida para dar cabida a todas as entidades que traballan arredor do património lúdico galego.
Inclue-se un apartado de novas xeneradas por Brinquedia, un directorio de membros (tanto persoas físicas como xurídicas),
os estatutos da asociación e un modelo de adesión.
Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional está participando desde pasado xoves 1 de dezembro na Feira MEGAXOVE, organizada pola Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense Expourense.
Vindouro 11 de novembro Brinquedia celebrará o Día do Pión. A estacionalidade do Xogo do Peón ven marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tais como Polo San Martinho, pións ao caminho (11 de novembro) e Polo San Amaro, pións ao faiado (15 de xaneiro), substituindo a palabra Pión nalgúns lugares por Peón ou Trompo e mesmo existindo algúns refráns máis como Pola Santa Olaia, pións á borralla.
Vindouro sábado 22 de outubro, no concello ourensán de Vilar de Santos, vai ter lugar umha nova Asembleia de Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional..
A UNESCO ven de confirmar -mediante un ofício remitido aos Ministérios de Cultura de Espanha e de Portugal e trasladado á Comisión Promotora da Candidatura, a División de Património Imaterial da UNESCO- que o dossier da Candidatura As Tradicións Orais Galego-Portuguesas superou a fase de avaliación administrativa e xá está en mans do Xúri Internacional para a súa avaliación científica e a proclamación na última semana de novembro.
BRINQUEDIA – Rede Galega do Xogo Tradicional vén de participar na IV Asembleia da Asociación Europea de Xogos e Desportes Tradicionais, celebrada na fin de semana do 27 e 28 de agosto en Santander. Foi elexida esta data por coincidir coa celebración da Semana Bolística 2005 na capital cántabra, cuxa final presenzaron 5.500 espectadores.
A Candidatura do Património Inmaterial Galego-Português á UNESCO realiza esta fin de semana, 19 e 20 de agosto, un encontro de portadores no Occidente Asturiano, concretamente en San Tirso de Abres para dinamizar e divulgar o património imaterial galego-português.
Manhá sábado 21 de maio terán lugar en Santiago de Compostela os I Encontros Escolares Galegos de Xogos Tradicionais, organizados por Brinquedia e o Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago.