Brinquedia

Este apartado está adicado a "Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional", asociación nascida para dar cabida a todas as entidades que traballan arredor do património lúdico galego.
Inclue-se un apartado de novas xeneradas por Brinquedia, un directorio de membros (tanto persoas físicas como xurídicas), os estatutos da asociación e un modelo de adesión.

vindeiro venres, 10 de Decembro, ás sete da tarde, na Casa dos Maiores de Pontedeume, está convocada a segunda xuntanza para ir axustando todo o posíbel a organización da Feira escolar galega do Xogo Tradicional.
Nesta reunión debatirá-se a proposta saída da primeira xuntanza, na que se recolle -entre outras cousas- o nome da actividade, a data de celebración (proposta para unha fin de semana dos meses de maio ou xuño), lugar de celebración e programa do acto.
Máis información aquí mesmo ou no I.E.S. A Capela; Tel. número 981 459 022, perguntando polo Xabier ou polo Secundino.
.....
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
O mes pasado celebráronse en A Capela - A Coruña unhas Xornadas galego-portuguesas de Xogos Tradicionais; ían dirixidas a profesorado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Na mesa redonda que houbo para rematar acordouse celebrar unha xuntanza posterior para tentar de argallar o que sería a I Olimpíada escolar galega de Xogos Tradicionais. Tamén decidimos que este tipo de xogos procuraríamos introducilos na vida cotiá das escolas da Galiza.
Por tal motivo, o vindeiro venres 12 de Novembro, ás 18'30 h.,na Casa dos Maiores en Pontedeume - A Coruña, vaise celebrar esta xuntanza, na que procuraremos definir esa idea.
O local está saíndo de Pontedeume cara a A Coruña, pola estrada nacional, despois de pasar o último semáforo á dereita, na mesma carretera. As persoas que veñan por autoestrada deben saír hacia Pontedeume e seguir as indicacións expostas.
Para calquera aclaración, podedes contactar con Xabier, no Colexio de A Capela, no teléfono 981-459022.
Publicada en Brinquedia - novas, por xavierl | comentar (0)
BRINQUEDIA, O País do Xogo 01.07.04 - 16:23
O pasado sábado 26 de xuño, tivo lugar na Biblioteca Municipal de Melide unha reunión coa intención de constituir unha coordenadora galega de colectivos promotores dos xogos e deportes tradicionais.
A xuntanza, que transcorreu ao longo de toda a mañá, foi fructífera, chegando-se aos acordos que se recollen no Documento Fundacional de BRINQUEDIA, a nova Rede Galega do Xogo Tradicional.
Aquí podes consultar este Documento e no foro podes deixar a túa opinión
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Na última semana do pasado mes de maio, celebrou-se en Ourense o I Curso de Xogos e Deportes Populares e Tradicionais.
Este foro foi o marco idóneo para reunir a xentes de todo o país con inquedanzas neste eido. Unha das conclusións que se tiraron deste Curso foi a creación dunha entidade do xogo tradicional que apoie, coordene e luite pola recuperación e promoción destes xogos.
A convocatória xá está marcha. A reunión, aberta a todas aquelas persoas e entidades interesadas neste fin, vai ter lugar vindeiro sábado 26 de xuño en Melide (A Coruña) -no centro xeográfico da Galiza-. Será ás 10 da mañá no Salón de Actos da Biblioteca Municipal desta localidade.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Rematou o I Curso de Xogos e Deportes Populares e Tradicionais; e depois de tres días de debate, adoitaron-se –entre outras- as seguintes conclusións:
Á vista está que existen vários frentes na Galiza traballando no eido isoladamente. Entre elas, atopan-se iniciativas que levan realizando-se muitos anos e outras que ven de nacer recentemente. Entre outras muitas iniciativas, pensou-se na Liga de Birlos do Val Miñor, na Liga da Chave de Ourense, na Regata das Dornas de Arousa, na Liga de Birlos ao Canteiro de Riotorto, en distintos museos escolares (Esteiro, A Capela...), várias publicacións ao respeito, a existencia do Palao e numerosas asociacións e centros de ensino que traballan habitualmente arredor dos xogos tradicionais. Porén, tambén se observaron casos tan curiosos como que a Asociación da Chave (xogo galego de fonda raigame), para poder desenvolver a súa Liga, teña que pertencer á Federación de Petanca (xogo importado da Franza há apenas un século).
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
«Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguintes»
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube