Brinquedia

Este apartado está adicado a "Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional", asociación nascida para dar cabida a todas as entidades que traballan arredor do património lúdico galego.
Inclue-se un apartado de novas xeneradas por Brinquedia, un directorio de membros (tanto persoas físicas como xurídicas), os estatutos da asociación e un modelo de adesión.

BRINQUEDIA bota-se a andar 11.05.05 - 22:43
Unha vez constituida Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional, é o noso desexo dar-nos a coñecer, apresentando quen somos e os obxectivos que nos prantexamos cara o futuro.

Isto, xunto co primeiro acto que convocamos -os I Encontros Escolares de Xogos Tradicionais, que ademáis convertimos nun acto de apoio á Candidatura do Património Imaterial Galego-Português, é o que imos apresentar en ROLDA DE PRENSA xoves 12 de maio ás 12 da mañá no Salón Verde do Concello de Santiago de Compostela.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Pasado domingo 27, na Casa da Cultura de Riotorto, ficou constituida Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional. Cicais debido ao particular da xornada, a presenza física na Asemblea non foi mui numerosa, mália si foron muitas as entidades que manifestaron a súa intención de aderir-se a Brinquedia nas vindeiras datas.

Despois da Asembleia e antes da asistencia á Xornada de Birlos ao Canteiro que fechaba a Liga organizada pola Asociación ARCASCO, os/as asistentes achegamo-nos ao Pedregal de Irimia, lugar de nacimento do Pai Miño para fazer a "Foto de Família" do nacimento de Brinquedia, na que falta o Paco Veiga, que era o retratista.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Vindeiro domingo 27 de marzo, ás 12 da mañá, na Casa da Cultura do concello de Riotorto (Lugo) terá lugar a Asembleia Fundacional de Brinquedia-Rede Galega do Xogo Tradicional.

Á mesma están convocadas todas aquelas persoas e entidades con interese na defensa e promoción dos xogos tradicionais galegos, tiveran ou non asistido á xuntanza celebrada en Melide o pasado 26 de xuño.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
LEI DO DEPORTE DE GALIZA 15.03.05 - 00:04
BRINQUEDIA PROPÓN QUE SE CONTEMPLE UN ESPAZO PARA O PATRIMONIO LÚDICO GALEGO DENTRO DA LEI DO DESPORTE DE GALIZA


Brinquedia – Rede Galega do Xogo Tradicional ven de enviar unha serie de propostas para que os Xogos Tradicionais Galegos aparezan reflectidos e defendidos dentro da lexislación deportiva da Comunidade Autónoma.

Brinquedia é o producto dunha das conclusións tiradas do Congreso de Xogos Tradicionais celebrados o ano pasado en Ourense. Proxecto ao que se sumaron para asinar a Declaración de intencións (realizada en Melide, tamén o ano pasado) vinte e cinco entidades entre centros de ensino, asociacións e outros organismos e que prevé a súa fundación xurídica para vindeiras datas. Este colectivo nace dos desexos de unión e de traballo en conxunto de todas aquelas entidades e persoas sensibilizadas co Patrimonio lúdico galego. A denominación elixida intenta fuxir do manido concepto de coordenadora, pero tamén da administrativamente problemática idea de Federación. Polo demais, o significado do nome escollido non é nin máis nin menos que País de brinquedos, recollendo fielmente a idea da enorme riqueza do catálogo lúdico galego.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
vindeiro venres, 10 de Decembro, ás sete da tarde, na Casa dos Maiores de Pontedeume, está convocada a segunda xuntanza para ir axustando todo o posíbel a organización da Feira escolar galega do Xogo Tradicional.
Nesta reunión debatirá-se a proposta saída da primeira xuntanza, na que se recolle -entre outras cousas- o nome da actividade, a data de celebración (proposta para unha fin de semana dos meses de maio ou xuño), lugar de celebración e programa do acto.
Máis información aquí mesmo ou no I.E.S. A Capela; Tel. número 981 459 022, perguntando polo Xabier ou polo Secundino.
.....
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
O mes pasado celebráronse en A Capela - A Coruña unhas Xornadas galego-portuguesas de Xogos Tradicionais; ían dirixidas a profesorado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Na mesa redonda que houbo para rematar acordouse celebrar unha xuntanza posterior para tentar de argallar o que sería a I Olimpíada escolar galega de Xogos Tradicionais. Tamén decidimos que este tipo de xogos procuraríamos introducilos na vida cotiá das escolas da Galiza.
Por tal motivo, o vindeiro venres 12 de Novembro, ás 18'30 h.,na Casa dos Maiores en Pontedeume - A Coruña, vaise celebrar esta xuntanza, na que procuraremos definir esa idea.
O local está saíndo de Pontedeume cara a A Coruña, pola estrada nacional, despois de pasar o último semáforo á dereita, na mesma carretera. As persoas que veñan por autoestrada deben saír hacia Pontedeume e seguir as indicacións expostas.
Para calquera aclaración, podedes contactar con Xabier, no Colexio de A Capela, no teléfono 981-459022.
Publicada en Brinquedia - novas, por xavierl | comentar (0)
BRINQUEDIA, O País do Xogo 01.07.04 - 16:23
O pasado sábado 26 de xuño, tivo lugar na Biblioteca Municipal de Melide unha reunión coa intención de constituir unha coordenadora galega de colectivos promotores dos xogos e deportes tradicionais.
A xuntanza, que transcorreu ao longo de toda a mañá, foi fructífera, chegando-se aos acordos que se recollen no Documento Fundacional de BRINQUEDIA, a nova Rede Galega do Xogo Tradicional.
Aquí podes consultar este Documento e no foro podes deixar a túa opinión
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
«Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguintes»
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube