Este apartado está adicado a "Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional",
asociación nascida para dar cabida a todas as entidades que traballan arredor do património lúdico galego.
Inclue-se un apartado de novas xeneradas por Brinquedia, un directorio de membros (tanto persoas físicas como xurídicas),
os estatutos da asociación e un modelo de adesión.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado 27 de febreiro a orde que ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras de concesión de subvencións e a súa convocatoria pública dirixidas a clubes deportivos e entidades deportivas sen ánimo de lucro para a participación en competicións oficiais ou o desenvolvemento de actividades deportivas, realizadas ou que se vaian realizar no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2009. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 30 de marzo.
O venres 16 de xaneiro terá lugar no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) a primeira reunión preparatoria do IV Encontro escolar que neste ano está previsto –en principio- para o 30 de maio. Ás 18 h. están convocados a esta xuntanza todos os centros de ensino que estén traballando ou teñan interese en facelo distintas prácticas do patrimonio lúdico galego.
Vindeiro 11 de novembro Brinquedia convoca a 4ª edición do Día do Peón. Despois da grande repercusión que tivo nos 3 anos anteriores (acadando arredor de 12.000 participantes na edición do ano pasado), e mantendo entre os seus obxectivos o de divulgar iniciativas encamiñadas á recuperación e conservación das actividades lúdicas tradicionais, diríxese esta convocatoria non só aos centros de ensino (nomeadamente os maiores organizadores desta campaña), senón a concellos, asociacións, institucións e mesmo a colectivos de galegas/os no exterior. A estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tais como Polo San Martiño, peóns ao camiño (11 de novembro) e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado (15 de xaneiro), substituindo a palabra Peón nalgúns lugares por Pión ou Trompo e mesmo existindo algúns refráns máis como Pola Santa Olaia, peóns á borralla.
Vindouro 9 de novembro é a data elixida por Brinquedia para a celebración da 3ª edición do Día do Peón. A estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tais como Polo San Martiño, peóns ao camiño e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado, substituindo a palabra Peón nalgúns lugares por Pión ou Trompo e mesmo existindo algúns refráns máis como Pola Santa Olaia, peóns á borralla.
O Torneo Galego de Bolo Celta, o Torneo de Chave, a Billarda, diferentes modalidades de Birlos, o Corte de Troncos en Altura, a exposición e o obradoiro de xoguetes tradicionais conforman algúns dos preto de 60 xogos e deportes tradicionais de Galiza, Asturias, Castilla-León e Portugal que se poderán ver e practicar o 25 de agosto en Santalla - A Pontenova.
Vindouro sábado 25 de agosto terá lugar no lugar de Santalla (A Pontenova – Lugo) a I Mostra de Xogos Tradicionais. Ao longo da xornada terán unha especial relevancia as distintas variantes do xogo de dos Birlos/Bolos. Ademáis, na Mostra, organizada polos veciños e polas veciñas deste pequeno e fermoso lugar do norte lugués, haberá espazo para distintas modalidades dos xogos tradicionais galegos, asturianos e castelán-leoneses.