Asemblea Fundacional de BRINQUEDIA
18.03.05 - 19:01
Vindeiro domingo 27 de marzo, ás 12 da mañá, na Casa da Cultura do concello de Riotorto (Lugo) terá lugar a Asembleia Fundacional de Brinquedia-Rede Galega do Xogo Tradicional.
Á mesma están convocadas todas aquelas persoas e entidades con interese na defensa e promoción dos xogos tradicionais galegos, tiveran ou non asistido á xuntanza celebrada en Melide o pasado 26 de xuño.
Coidamos xá pasou tempo dabondo para formalizar a constitución de Brinquedia. O lugar elexido para esta Asemblea, vai a acoller tambén nesa data a xornada final da Liga de Birlos ao canteiro
Lembrar, nomeadamente aos que xá estiveron en Melide, que aqueles/as que veñan representando a unha personalidade xurídica, terán que traer unha cópia da acta do máximo órgao da entidade en cuestión (Asembleia Xeral, se for asociación; Xunta de Governo, se for concello, Consello escolar, se for centro de ensino...) na que se aprova a adesión a Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional e na que se nomea ao/á Representante desta entidade diante da Asemblea Xeral de Brinquedia.
A orde do día será:
1.- Leitura e aprobación -se procede- dos Estatutos.
2.- Outras cuestións.