
Hoxe tivo lugar no
MUPEGA, en
Compostela a presentación da IV edición do
Encontro escolar de xogos tradicionais. Este ano serán as instalacións da
FIG, en
Silleda, as que acollan o evento, no que están inscritas/os arredor de 800 escolares de 17 centros escolares de todo o país. O acto decorrerá toda a xornada do
sábado 30 de maio desde as 10.30 h. ofrecendo distintos espazos para a prática e exibición de distintos xogos tradicionais.
Nesta edición contamos coa colaboración da
Fundación Paideia-Galiza, do
Concello de Silleda, da
FIG, do
CRDOP Arzúa-Ulloa, do
MUPEGA e de
GADISA, ademáis de estar á espera de contestación da
Consellaría de Educación e da
Fundación Deporte Galego.
Participaron na presentación a alcaldesa de Silleda,
Paula Fernández,
Paloma Hidalgo, directora xerente da
FIG,
Xesús González Serén polo
MUPEGA e
Carmela Rodríguez,
Xabier López e
Lois Pardo, por
Brinquedia.
O Encontro escolar pretende introducir os xogos tradicionais nos centros
escolares galegos, ademáis de fomentar as relacións interxeracionais, motivo polo cual están convidadas a asistir as familias e se elixe o sábado para a súa celebración.
Os centros participantes nesta edición son:
CEIP ADR Castelao - Ordes
CEIP Barrié de la Maza - Santa Comba
CEIP Isaac Peral - Ferrol
CEIP Lamas de Abade - Santiago
CEIP Manuel Respino - A Rúa
CEIP Mosteiro de Caaveiro - A Capela
CEIP Ricardo Tobío - Esteiro/Muros
CEIP de Bandeira - Silleda
CEIP de Esteiro - Ferrol
CEIP de Portonovo - Sanxenxo
CEIP de Sigüeiro - Oroso
CEIP de Silleda
CEIP de Vite 1 - Santiago
CIFP Ánxel Casal - A Coruña
CPI Armando Cotarelo Valledor - Boimorto
CRA Amencer - Ribadavia
IES de Melide
A xornada desenvolverase en horario continuo, desde as 10,30 até as 18
horas. Durante a mañá poderanse practicar un total de 30 xogos tradicionais
distintos, dirixidos por voluntariado. Tamén haberá espazo para dous obradoiros de elaboración de enredos, que guiarán
Antón Cortizas,
Xosé López e
Xosé Manuel García.
O xantar será nunha carballeira que hai dentro das instalacións, a xeito de romaría, levando cada persoaou cada grupo o seu propio xantar.
Pola tarde haberá exhibicións de xogos praticados por adultos. Veremos demostracións de
Chave (as tres modalidades galegas: Ourense, Santiago e Ferrolterra), de
Bolos (Birlos ao canteiro da Órrea-Riotorto e Bolos celta do Val Miñor) e de
Estornela (ou billarda) cun grupo de mulleres de Esteiro-Muros.
Unha vez rematen as demostracións, as/os nenas/os han poder praticar estes xogos, dirixidos polas/os propias/os xogadoras/es.
A maiores, contaremos cunha sesión de contacontos, por conta de
Celso Fernández Sanmartín.
Para rematar todas as rapazas e os rapaces participantes levarán un agasallo en lembranza desta xornada.
Cartaz do EncontroXogos tradicionais do EncontroXogos tradicionais musicais do EncontroNormas xerais do Encontro