
Vindeiro
sábado 2 de xuño, é a data na que
Brinquedia ten convocada a VI edición do seu
Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. O evento celebrarase no recinto da
Fundación de Exposicións e Congresos d’
A Estrada.
Aínda está aberto o prazo para a participación dos centros de ensino, que se pode formalizar através do sitio
web de
Brinquedia, cubrindo e enviando a ficha de inscrición antes do 25 de maio.
Ademáis da organización e dos centros participantes, o Encontro faise posíbel grazas á
Fundación de Exposicións e Congresos d'A Estrada, á
Secretaría Xeral para o Deporte, ao
MUPEGA, a
Paideia-Galiza, a
GADISA, ao
CRDOP Arzúa-Ulloa, ao
Club de Loita galega A Cambadela, a
ARCASCO, ao
Clube de Amigos da Chave de Ferrolterra, á
Asociación Cultural e Deportiva da Chave de Ourense e á
Asociación de xogadores da Chave de Compostela.
Tamén segue aberta a procura de persoas voluntarias que colaboren durante o desenvolvemento das actividades. Para isto, non hai máis ca escribir ao correo-e brinquedia@brinquedia.net indicando
Por último, para aqueles que desexen comer “de prato”, nas instalacións hai un restaurante no cual se pode realizar resera para esa data. Trátase do
Asador Leo e habería que contactar con Fernando no tel. 689 398 178.
Eis o documento cos
xogos que terán o seu lugar no Encontro.
E aquí podedes consultar o
DIPTICO co programa da xornada