
Pasado
sábado 30 tivo lugar, no recinto feiral de Silleda o
IV Encontro de xogos tradicionais. A previsión de participantes (polas inscricións) rondaba as/os 800 rapazas e rapaces, aínda que finalmente esta viuse incrementada, tanto pola parte dos centros de ensino como de numerosas familias da comarca que se achegaron até as instalacións da
FIG aproveitando as boas condicións climatolóxicas (cicais de máis) da xornada.
Ao longo de todo o día, as/os máis pequenas/os puideron praticar un bon número de xogos, ademáis de construir distintos brinquedos ou gozar da narración oral de
Celso Sanmartín, aínda que cicais o máis salientábel foran os momentos partillados coas persoas maiores, portadoras do noso patrimonio lúdico.
Colgamos algunhas fotos do día, cortesía de
Antón Cortizas,
Anxo López Eiriz,
Paco Veiga e -nomeadamente- de
Anxo Iglesias, a quen corresponde a foto da esquerda.
O Encontro foi posíbel grazas ás entidades patrocinadoras e ás asociacións que -dun xeito ou doutro- empresatron a súa colaboración:
-
Concello de Silleda -
Fundación Paideia-Galiza -
Feira Internacional de Galicia -
CRDOP Arzúa-Ulloa-
MUPEGA -
GADISA-
Amigos da Chave de Ferrolterra -
Asociación Cultural deportiva da Chave de Ourense-
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional -
Asociación de xogadores de Chave de Compostela-
Asociación recreativa Cultural dos Amigos de sta. Comba de Órrea -
Federación galega de Bolos-
Mulleres da Estornela de Esteiro - Muros-
Os Trasnos da gaita- As presenzas nos obradoiros de
Antón Cortizas,
Xosé López e
Xosé Manuel García.
ademáis de seguirmos á espera de contestación da
Consellaría de Educación e da
Fundación Deporte Galego.
Ademáis sería inxusto esquecer á
maré verde, a participación de case medio cento de voluntarias/os de distintas partes do país que coordenaron as distintas zonas de xogo. Grazas a todas/os.
Eis as fotos da xornada:










































































