
A
Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! celebrou o pasado
19 de outubro a
4ª Xornada Escolar de Xogos Tradicionais Galego-Portugueses no
colexio Infante Felipe de
Salvaterra de Miño onde participaron 300 alumnas/os de Galiza e do Norte de Portugal.
Seguindo a dinámica desta asociación, de dar a coñecer o patrimonio tradicional común a galegos e portugueses, así como duscubrírllelo ao alumnado das dúas beiras do Miño no ámbito escolar, a Asociación
Ponte... nas ondas! organizou unha reunión lúdica e non competitiva no marco dun día de convivencia entre rapaces e rapazas de escolas galegas e portuguesas.
Por outra parte, onte 27 de outubro tamén colaborou asociación nunha nova edición do
Unidos por un clic, encontro de comunicación escolar organizado polo colexio colombiano
Gimnasio del Norte de Bogotá. Nel participaron o
CEIP Infante Felipe de
Salvaterrra de Miño e o
IES Terra de Turonio de
Gondomar.
Durante a mañá do pasado 19 de outubro, o alumnado das dúas beiras compartiu xogos e vivencias comúns para coñecer os enredos aos que xogaban os seus denceiros e que por mor das circunstancias da vida moderna están caendo en desuso. Así, houbo xogos de birlos, chave, rá, truco, bolas, chapas, chave, zancos, aros, corda, elásticos, …. Moitos destes xogos están a quedar en desuso e é necesario rememorar e transmitir ás novas xeracións como se xogaba e tamén todo o seu saber asociado.
As actividades remataron cunha masiva tirada simultanea de peóns.
Obxectivos:• Por en contacto alumnos e alumnas de varios centros educativos galegos e portugueses.
• Que os rapaces e rapazas tomen contacto coa cultura tradicional a través dos xogos populares.
Escolas participantes:
• CEIP Infante Felipe. Salvaterra
• CEIP Pazos de Reis.Tui
• CEP Foxo. Caldelas.Tui
• CEIP Randufe.Tui
• CEIP Humberto Juanes. Nigrán
• EB 2,3 de Monçao
• CEP Carlos Casares.Salvaterra
• EB 2,3 Melgaço
• CEIP Altamira de Salceda
Eis algunhas fotos da xornada:










