Brinquedia

Este apartado está adicado a "Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional", asociación nascida para dar cabida a todas as entidades que traballan arredor do património lúdico galego.
Inclue-se un apartado de novas xeneradas por Brinquedia, un directorio de membros (tanto persoas físicas como xurídicas), os estatutos da asociación e un modelo de adesión.

Chega o Día do Peón 09.11.11 - 11:50
Un ano máis, Brinquedia promove entre en todo o país a celebración do Día do Peón en centros educativos, concellos e entidades asociativas. A data elexida volta a ser o 11 de novembro facendo bon o noso refrán Polo San Martiño, peóns ó camiño.
O acto central desta edición será no concello de Fene, polo que a elaboración do manifesto correu por conta do escritor fenés Ramón Loureiro, que podedes descargar máis abaixo, xunto a outros materiais de interese.
A novidade desta edición é a celebración do día en distintos lugares da península, tais como Euskadi, onde a Ikastola Alkartu (Barakaldo - Bizkaia), organiza unha exposición virtual de peóns decorados; Catalunya, coa particpiación dos Amics de la Baldufa (Barcelona), e Andalucía, coa colaboración do Museo del Trompo de Sebastián del Pino Cabello (Antequera, Málaga).

Máis información no web de Brinquedia - Rede galega do xogo tradicional



Neste 2011, o acto central terá lugar no Concello de Fene entre as 11:00 e as 13:00 horas.

Para o desenvolvimento da xornada Brinquedia deseñou unha proposta de ACTIVIDADES.

Como ven sendo costume, Brinquedia agradece a participación nesta convocatoria e solicita a confirmación de participación da vosa entidade, ben no seu web ou enviando un correo-e (brinquedia@brinquedia.net) cos seguintes dados:
- nome da entidade
- número previsto de participantes
- actividades a desenvolver

E mentres, para quecer motores, podedes ir escoitando a canción dos ourensáns Banda Ourensons COMO O TROMPO ao tempo que ledes o MANIFESTO de Ramón Loureiro ou consultades algúns lugares web que poden ser de interese para esta actividade:

- Canle de Brinquedia en youtube
- Blog do CEIP de Vite (Santiago de Compostela), onde subiron un curso básico de peón acrobático.
- Informacion, instruccions...
- Videos, truques e mais sobre o trompo
- Aplicacion matemáticas
- Truque trompo: A ponte polas costas
- Trompo de cores (Ciencia popular)


COMENTARIOS
COMENTAR ESTA NOVA

nome:
correio: (opcional)
smile: smile wink wassat tongue laughing sad angry crying 
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube