Eis un resumo do Regulamento da Asociación da bisbarra ferrolá que marca as normas de xogo desta variante de Chave.
A Chave de Ourense e de aspas (ou pás) horizontais. O vástago é unha peza grosa de ferro cun eixo groso duns 75 cm de lonxitude. Na parte inferior está afiado, para poder espetalo no chan. Na parte superior colocan-se dúas aspas, de diferente lonxitude, situando-se a máis pequena enriba e a máis grande abaixo, que viran de xeito horizontal.
A Chave é un xogo propriamente galego, aínd a que semellante a outras práticas de lanzamento e precisión peninsulares.
Trata-se dun xogo mui estendido, con elementos semellantes ao hockey ou ao golf, deportes popularizados muito despois da existencia da Porca (tambén chamada Pino ou Cachona nalgumhas zonas).
Precisamos dúas ou máis bólas, construídas de madeira dura e de un a tres quilos de peso; e de -cuando menos- 9 birlos. Debe observar-se que tanto os uns como os outros escachan ou deterioran-se con facilidade; de aí a necesidade de ter repostos. Os birlos (entre 7 e 10 cm de altura), poden ser sen tornear, cos dous extremos cortados permitindo-os manter direitos no chao, e torneados, con unha soa cara de apoio e coa outra en forma de lámpada eléctrica. As bólas son esféricas, duns 15 cm de diámetro e -a diferenza doutras modalidades máis actuais- non ten buratos para as suxeitar.