
Trata-se dun xogo mui estendido, con elementos semellantes ao
hockey ou ao
golf, deportes popularizados muito despois da existencia da
Porca (tambén chamada
Pino ou
Cachona nalgumhas zonas).
Foi un xogo de nenos, fundamentalmente xogado no inverno nun espazo aberto e amplo, normalmente no entanto se cuidaba do gado.
Fonte: lois pardo

Os elementos do xogo son un pau (
caneira,
cacheira,
moca), feito tradicionalmente de uzeira, de cuatro a seis cuartas de lonxitude, e unha bola (
porca,
pino), feita de madeira dura e de seis a doce centímetros de diámetro.
O campo de xogo ten que ser aberto, con tantos buracos (
nichos) como participantes houber, repartidos en circo arredor dun grande buraco central (
celeiro,
santo,
cortello...).

O xogo consiste en que
o/a porqueiro/a ten de tentar introducir a porca no
santo, encuanto o resto dos/as xogadores/as tentarán afastá-la cuanto máis lonxe puder. Se conseguir introduci-la, ao berro de
Hai trocos, todos/as deberán trocar a sua fucha, momento no que o/a porqueiro/a tentará apoderar-se dun destes buracos, ben introducindo a súa moca ou un pé, e deixando-lle o seu posto á persoa que ficar sen el. Tambén pode roubar-lle o nicho a un outro xogador se este, por saír a atacar ao/á porqueiro/a, deixa abandoado o seu burato.
Variante
No princípio da partida, o/a porqueiro/a –colocado a carón do
cortello- bate coa moca na porca, arroxando-a o máis lonxe posíbel. Os/as demais xogadores/as (empregando sempre a moca) tentarán introducir a porca no cortello. Ao conseguir isto um/ha xogador/a, substitúe ao/á porqueiro/a.
Unha outra variante consiste en fazer dúas equipas de entre 3 e seis xogadores/as con sendos cortellos, que deberán defender evitando que a equipa contrária introduza nel a porca. Gaña a equipa que consegue meter a porca no cortello da equipa contrária o maior número de vezes.
C. Brandín ten recollido no seu libro
Os xogos dos nosos rapaces (Caixa Ourense, 1986) o seguinte dito:
Couto o meu nicho
Con chave de ferro,
O que el vaia
Bótolle un berro