O XOGO DAS OLAS 07.05.05 - 18:28
Este xogo, propio da Festa do Entroido, consiste nunha roda de homes e/ou mulleres que se lanzan unha ola entre si. Perde quen a deixe cair e lle escache, atopando-se con un doble “prémio”: o contido da mesma e a visita á cantina, na que terá que pagar o viño para todos/as os/as participantes da roda.
...

Acostuma-se a xogar nas prazas públicas e -como dixemos antes- na época do Entroido. Tradicionalmente xogaban-se tantas olas como participantes había na roda; pois cada un/ha tiña que traer a súa, que non era senón unha ola que sufrira algún pequeno estrago ao longo do ano. Estas viñan cheas de plumas e ao escachar a ola aos pés do/a xogador/a que non conseguiu a recepción, ficaba este todo recuberto para a burla do público.
Hoxe en día, ademáis de plumas, as olas tambén se enchen de água, viño, farelo, caramelos...
Nalgúns lugares forman-se dúas equipas que se enfrontan normalmente de cuatro en cuatro.


COMENTARIOS
COMENTAR ESTA NOVA

nome:
correio: (opcional)
smile: smile wink wassat tongue laughing sad angry crying 
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube