O cerrungón 14.01.08 - 23:55
Informa-nos deste xogo X.M. Atanes, tras recoller a información de Carlos, natural de Hermisende, localidade situada entre A Canda e O Padornelo, perto de Lubián e Castromil. As súas formas e o xeito de xogar cicais nos lembran a unha variante de Abesouro, Fungona ou Fungareta, malia golpeando contra o chan.

Fonte: Xosé Manuel Atanes
Publicada en Xogos-Enredos, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
A ZOADEIRA 10.10.07 - 00:49
Este brinquedo tambén se coñece co nome de Dalle que dalle

Utilizando un botón, os pequenos terán que pasar un cordón polos furadiños e atar os dous extremos para que o botón fique preso.

Para probar se funciona, deben coller con dous dedos os extremos e darlle unhas voltas ao botón, que comezará a xirar e zoar sen parar, até que a/o cativa/o canse.

Fonte: Xabier López García
Publicada en Xogos-Enredos, por lois pardo | comentar (0)

Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube