No inicio do mes de novembro celebrábase en Parada do Sil (Ourense) un acto de exaltación do xogo de Bolos desa localidade. Arredor da festa do Magosto, xenerouse un espazo lúdico –con xogos tradicionais- e outro divulgativo, onde se xuntou aos veciños para darlles a coñecer a situación do xogo tradicional por excelencia deste concello, ao tempo que se presentaban algúns dos resultados de pescuda sobre o xogo que, nos últimos anos, leva coordenado o educador e veciño de Caxide Juanjo G. Rodicio.

Este acto serviu tamén como antesala da presentación do convenio de colaboración asinado entre o concello de Parada do Sil e a Fundación Laya – Promoción do patrimonio lúdico para a investigación, promoción e posta en valor do xogo de bolos tradicional no concello da Ribeira Sacra.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (1)
Chega o Día do Peón 09.11.11 - 11:50
Un ano máis, Brinquedia promove entre en todo o país a celebración do Día do Peón en centros educativos, concellos e entidades asociativas. A data elexida volta a ser o 11 de novembro facendo bon o noso refrán Polo San Martiño, peóns ó camiño.
O acto central desta edición será no concello de Fene, polo que a elaboración do manifesto correu por conta do escritor fenés Ramón Loureiro, que podedes descargar máis abaixo, xunto a outros materiais de interese.
A novidade desta edición é a celebración do día en distintos lugares da península, tais como Euskadi, onde a Ikastola Alkartu (Barakaldo - Bizkaia), organiza unha exposición virtual de peóns decorados; Catalunya, coa particpiación dos Amics de la Baldufa (Barcelona), e Andalucía, coa colaboración do Museo del Trompo de Sebastián del Pino Cabello (Antequera, Málaga).

Máis información no web de Brinquedia - Rede galega do xogo tradicional
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Xogando co patrimonio común 28.10.11 - 14:45
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! celebrou o pasado 19 de outubro a 4ª Xornada Escolar de Xogos Tradicionais Galego-Portugueses no colexio Infante Felipe de Salvaterra de Miño onde participaron 300 alumnas/os de Galiza e do Norte de Portugal.
Seguindo a dinámica desta asociación, de dar a coñecer o patrimonio tradicional común a galegos e portugueses, así como duscubrírllelo ao alumnado das dúas beiras do Miño no ámbito escolar, a Asociación Ponte... nas ondas! organizou unha reunión lúdica e non competitiva no marco dun día de convivencia entre rapaces e rapazas de escolas galegas e portuguesas.
Por outra parte, onte 27 de outubro tamén colaborou asociación nunha nova edición do Unidos por un clic, encontro de comunicación escolar organizado polo colexio colombiano Gimnasio del Norte de Bogotá. Nel participaron o CEIP Infante Felipe de Salvaterrra de Miño e o IES Terra de Turonio de Gondomar.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Na fin do pasado mes de setembro (23, 24 e 25 de setembro), tivo lugar na cidade italiana de Verona unha nova edición do Toca-tì - Festival de xogos de rúa. Este festival, que cada ano ocupa as rúas do centro histórico da cidade do Véneto achegando á súa poboación e aos visitantes dúcias de xogos tradicionais de distintos lugares de Italia e de Europa, voltou a sorprender e a sumar cifras de visitantes que no eido da cultura tradicional seguen semellando ciencia-ficción. A música tradicional tamén ocupa un espazo importante, o que -unido aos múltiples actos e eventos paralelos- fan deste festival un dos máis importantes -senón o máis- dos que se celebran arredor do patrimonio lúdico no mundo.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Segue aberto o prazo de matrícula para o III Curso sobre o patrmonio lúdico que vai ter lugar en Melide os vindeiros 21 e 22 de outubro, nas instalacións do I.E.S. de Melide.
Este curso vai destinado ao profesorado do ensino de Primaria e Secundaria en xeral, e conta con un cupo de 90 participantes e unha duración de 12 horas (atopándose en trámite a homologación da Consellaría de Educación).

O curso está organizado por Nova Escola Galega e a AGXPT e podedes consultar aquí para MAIS INFO
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Pasado sábado 17 de setembro tivo lugar na localidade ourensá de Sta. Cruz de Arrabaldo a Baixada de carrilanas. Un ano máis, ducias de carrilanas chegadas de distintos lugares da península percorrían a distancia de 1.200 metros que vai desde a antiga estación até a liña de meta.
Malia algunhas das carrilanas que vemos agora nestas baixadas non se parezan demasiado ás que nos servían de cativos para demostrar na comunidade que xa tiñamos idade de asumir os nosos riscos, o certo é que seguen aí, ben vivas, con multiplicidade de formas e materiais, e mesmo nalgún caso con unha creatividade plausible. Eis algunhas fotos da xornada:
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Na pasada fin de semana desenvolvíase na localidade francesa de Mauvezin (Gers – Pays Ports de Gascogne) a Asemblea de verán da AEXDT, exercendo como organizadoras/es e excepcionais anfitrións/oas as/os compañeiras/os de FDFR 32 (Foyers ruraux – CRJSTO).
Despois de aprobar as contas, a acta da asemblea anterior e o informe moral do seu Presidente, informouse sobre as novas incorporacións á Asociación, entre as que se atopan a Fundacion Zaragoza 2016, os bretóns de Ti ar Gouren e as asociacións catalanas Lo Llaut e Anem de Bolit.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Unha nova asemblea de verán da AEXDT estase a desenvolver na localidade de Mauvezin, no Pays Portes de Gascogne (Gers).
Desde hoxe, esta localidade está acollendo a unha vintena de delegacións de diferentes estados europeos, que achegarán demostracións das práticas lúdicas das distintas comunidades culturais.
Desde Galiza están participando na Asemblea as 2 entidades que forman parte da AEXDT; isto é, Brinquedia e a AGXPT.
Mais info
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Os amigos do Club Deportivo la Tanguilla, coa colaboración da Asociación Cultural la Tanguilla e a Agrupación de Clubes de Calva de Madrid, organiza o VI Campeonato Nacional de CALVA “Ribera del Duero”, que se levará a cabo o vindeiro 10 de xullo ás 11 h. nas pistas da Bodega Nuestra Señora del Río de Gumiel de Izán (Burgos). Poderán participar tods aquelas equipas que reiban o convite da organización sempre e cuando confirmen a súa inscrición antes do 6 de xullo por teléfono 617988143 ou ben por correo electrónico a info@latanguilla.com.

Eis o sitio web da [i]Asociación La Tanguilla[/u]
Publicada en Novas, por lois pardo | comentar (0)
Mañá 3 de xuño a XVII edición de Ponte...nas ondas! saírá ao ar a través de Internet desde a web de Ponte...nas ondas! e co sinal de televisión da Universidade de Vigo (UVIGO-TV). A programación poderá ser seguida en directo ou visionada en formato de vídeo á carta. Unha programación que foi realizada e producida desde centros educativos galegos e portugueses pero tamén de Cuba ou Brasil, entre outros.
Nesta ocasión, crearase a primeira biblioteca viva do patrimonio inmaterial
galego-portugués con achegas de libros vivos de Galiza, Portugal e Brasil.
Incorpóranse a esta biblioteca libros vivos doutros países como Cuba,
Arxentina, Colombia ou Chile.
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
«Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Seguintes»
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube