LEI DO DEPORTE DE GALIZA 15.03.05 - 00:04
BRINQUEDIA PROPÓN QUE SE CONTEMPLE UN ESPAZO PARA O PATRIMONIO LÚDICO GALEGO DENTRO DA LEI DO DESPORTE DE GALIZA


Brinquedia – Rede Galega do Xogo Tradicional ven de enviar unha serie de propostas para que os Xogos Tradicionais Galegos aparezan reflectidos e defendidos dentro da lexislación deportiva da Comunidade Autónoma.

Brinquedia é o producto dunha das conclusións tiradas do Congreso de Xogos Tradicionais celebrados o ano pasado en Ourense. Proxecto ao que se sumaron para asinar a Declaración de intencións (realizada en Melide, tamén o ano pasado) vinte e cinco entidades entre centros de ensino, asociacións e outros organismos e que prevé a súa fundación xurídica para vindeiras datas. Este colectivo nace dos desexos de unión e de traballo en conxunto de todas aquelas entidades e persoas sensibilizadas co Patrimonio lúdico galego. A denominación elixida intenta fuxir do manido concepto de coordenadora, pero tamén da administrativamente problemática idea de Federación. Polo demais, o significado do nome escollido non é nin máis nin menos que País de brinquedos, recollendo fielmente a idea da enorme riqueza do catálogo lúdico galego.
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Novas iconESTE NADAL, XOGOS DE SEMPRE 14.12.04 - 00:24
Baixo este nome, o Concello de Cabana de Bergantiños, vai celebrar a chegada do natal á escola. Coa colaboración do CEIP As Revoltas, celebrará, vindeiro venres 17, a festa de Natal.
Ao longo da xornada -que se desenvolverá desde as 11 da mañá no Pavillón Municipal- haberá espazo para distintos xogos tradicionais. Por unha parte, os máis pequenos probarán as súas habilidades con xogos como o Pión ou o Aro, porán a prova a puntaría coa , cos Birlos e participarán de distintos xogos de equipa e en grupo, como a Porca ou o Turra-soga. Por outra parte, as nais e pais participarán dun Obradoiro de elaboración de enredos e xogos de tradición oral.
Para rematar o día, cada un/ha dos/as 300 nenos/as participantes, recibirá de agasallo un Pión, dentro dunha saquiña decorada co lema do día: Este Nadal, xogos de sempre
Parabéns pola iniciativa!
...
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
vindeiro venres, 10 de Decembro, ás sete da tarde, na Casa dos Maiores de Pontedeume, está convocada a segunda xuntanza para ir axustando todo o posíbel a organización da Feira escolar galega do Xogo Tradicional.
Nesta reunión debatirá-se a proposta saída da primeira xuntanza, na que se recolle -entre outras cousas- o nome da actividade, a data de celebración (proposta para unha fin de semana dos meses de maio ou xuño), lugar de celebración e programa do acto.
Máis información aquí mesmo ou no I.E.S. A Capela; Tel. número 981 459 022, perguntando polo Xabier ou polo Secundino.
.....
Publicada en Brinquedia - novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
O mes pasado celebráronse en A Capela - A Coruña unhas Xornadas galego-portuguesas de Xogos Tradicionais; ían dirixidas a profesorado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Na mesa redonda que houbo para rematar acordouse celebrar unha xuntanza posterior para tentar de argallar o que sería a I Olimpíada escolar galega de Xogos Tradicionais. Tamén decidimos que este tipo de xogos procuraríamos introducilos na vida cotiá das escolas da Galiza.
Por tal motivo, o vindeiro venres 12 de Novembro, ás 18'30 h.,na Casa dos Maiores en Pontedeume - A Coruña, vaise celebrar esta xuntanza, na que procuraremos definir esa idea.
O local está saíndo de Pontedeume cara a A Coruña, pola estrada nacional, despois de pasar o último semáforo á dereita, na mesma carretera. As persoas que veñan por autoestrada deben saír hacia Pontedeume e seguir as indicacións expostas.
Para calquera aclaración, podedes contactar con Xabier, no Colexio de A Capela, no teléfono 981-459022.
Publicada en Brinquedia - novas, por xavierl | comentar (0)
Novas iconNOVIDADES NO WEB 03.11.04 - 19:51
Nestes días teredes reparado en que a páxina estivo en obras. Isto foi debido a que consideramos preciso engadir-lle algúns trocos, así como ré-deseñar os espazos para unha -cremos- mellor imaxe e maior funcionalidade.
Así, incluimos en Recursos os apartados de Bibliografía e Ligazóns e introducimos un novo apartado de Eventos, no que haberá un lugar para tratar un pouco máis a fondo todas as xornadas, cursos, congresos... que teñan lugar ao longo do país
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Vindeiro sábado 23 de outubro apartir das 16:20 h., o Centro de Cultura Popular do Límia, en colaboración co Museu da Límia, o CDR O Viso e a Consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo, organizan estas Xornadas do Património, adicadas este ano á Tradición Oral nas distintas manifestacións culturais.

Participarán da Xornada, entre outros, Delfín Caseiro, Carlos Blanco, Manuel Rivero, Xosé Manoel Gonçalez e David Blanco

Programa:
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Vindeira fin de semana (15 e 16 de outubro), o CEIP Mosteiro de Caaveiro d',A Capela, xunto co Centro de Formación e Recursos de Ferrol, van levar adiante unhas Xornadas sobre Xogos Populares, con unha duración de 20 horas e limitadas a 30 prazas.
Nestas xornadas participarán persoas e grupos, que andan traballando neste eido etnográfico, das dúas beiras do Miño. Entre elas Salvador Costa e Emília Costa, de Santarém, Paco Veiga, Antón Cortizas, Xavier López, Secundino García, Rafael López, Ánxela Loureiro ou Luís Ramas.
Durante as Xornadas tambén se poderán visitar distintas exposicións, como unha de Brinquedos Populares do Museu do Xogo Popular do CEIP de Esteiro de Ferrol e do Museu do CEIP d' A Capela. Tambén haberá unha outra exposición de Bibliografía sobre xogos tradicionais en unha outra de Buxainas do mundo, así como unha mostra de Brinquedos feitos por nais e pais (de Preescolar na casa).
Por suposto, tambén haberá espazo para o lecer e a festa, coa elaboración de distintos brinquedos, a celebración dun Magosto e a música, coa intervención do grupo Luama
Programa:
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Dentro dos actos e actividades programadas para o vindeiro San Froilán haberá un recuncho reservado ós xogos tradicionais. Na Praza Maior, o mesmo día que se celebra a Festa do Patrón, 5 de outubro, ás 17,30 horas estarémos a xogar ós bolos, na modalidade de "Bolos Ó Canteiro", os integrantes da
Asociación Recreativa Cultural Amigos de Santa Comba de Órrea - Riotorto - Lugo (ARCASCO).

Festas San Froilán 2004
Publicada en Novas, por Anxo L. Eiriz Ler todo ... | comentar (0)
Durante a primeira semana de setembro o bairro ourensán d'As Eiroás celebra a súa Semana Cultural. Nela ten cabida diversas actividades relacionadas con distintas manifestacións culturais, nomeadamente, da nosa Cultura.
A estrutura da Semana, a celebrar este ano entre o 30 de agosto e o 5 de setembro, articula-se entre os Obradoiros e os xogos para os máis cativos, as Conferéncias ou apresentacións literárias xá para idades máis avanzadas e as proxeccións cinematográficas para toda a família. Ademáis, celebran un Encontro de Xogos Tradicionais (que chega xá ao seu 6º ano) no que non só participa xente do bairro senón do resto da cidade e incluso da provincia ourensá. A data para o Encontro -que habitualmente fecha o programa- é o domingo 5 de setembro
web da asociación
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
Novas iconSOPAS DO BURRO CANSADO 05.08.04 - 15:45
Tambén vindeiro sábado 7 chega unha nova edición das Festas das Sopas do burro cansado, en Muiños (Ourense). A Asociación Fontefría e o Concello enchen de música e troula esa fin de semana con distintos actos. Reseñar, na tarde do sábado, os Xogos Populares e a Chega de Bois.
Programa:
Publicada en Novas, por lois pardo Ler todo ... | comentar (0)
«Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Seguintes»
Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube