A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! convoca a II Xornada Escolar de Xogos Tradicionais Galego-Portugueses.
Vindeiro 11 de novembro Brinquedia convoca a 4ª edición do Día do Peón. Despois da grande repercusión que tivo nos 3 anos anteriores (acadando arredor de 12.000 participantes na edición do ano pasado), e mantendo entre os seus obxectivos o de divulgar iniciativas encamiñadas á recuperación e conservación das actividades lúdicas tradicionais, diríxese esta convocatoria non só aos centros de ensino (nomeadamente os maiores organizadores desta campaña), senón a concellos, asociacións, institucións e mesmo a colectivos de galegas/os no exterior. A estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tais como Polo San Martiño, peóns ao camiño (11 de novembro) e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado (15 de xaneiro), substituindo a palabra Peón nalgúns lugares por Pión ou Trompo e mesmo existindo algúns refráns máis como Pola Santa Olaia, peóns á borralla.
Un novo recoñecemento para o patrimonio inmaterial galego-portugués que se centrará nas persoas portadoras do patrimonio, o que a UNESCO denomina os tesouros vivos. Un procedemento que contribuirá a poñer en valor as manifestacións e expresións máis destacadas deste patrimonio e á súa vez garantirá a transmisión ás novas xeracións. Este sistema foi creado por primeira vez no Xapón e actualmente está implantado nalgúns países como Francia, República Checa, Bulgaria, Rumanía, Filipinas, Tailandia ou Brasil.
Mañá domingo, 19 de outubro, terá lugar -na localidade de Estás - Tomiño unha xornada de xogos tradicionais co slogan "Convivencias interxeracionais e língua". Será apartir das 12 da mañá con actividades para nenas/os e maiores e unha charla sobre xogos tradicionais por conta da AGXPT.
No pasado mes de abril celebrouse en Ariana (Tunisia) o I Encontro euro-mediterráneo de xogos tradicionais, coa participación de numerosos paises europeos e africanos, entre os que se atopaban delegacións da propia Tunisia, de España, Bélxica, Franza, Italia, Arxelia, Exipto e Siria.
Para mover as remansadas augas do río das iniciativas culturais transfronteirizas a A.C. Ponte... nas ondas! e os estudios Casa de Tolos presentan unha nova proba da creatividade e a colaboración galego-portuguesa. Nenos e nenas de Galiza e Portugal xuntan as súas voces ás de Guadi Galego e Vozes da Rádio para reivindicar o noso patrimonio común: o patrimonio inmaterial galego-portugués. Unha composición de Vozes da Rádio coa colaboración de Guadi Galego para a XIV edición de Ponte...nas ondas, que se celebrou no pasado mes de maio.
Mañá sábado 30 de agosto a aldea de Santalla no concello lugués d'A Pontenova acollerá a celebración da II Mostra de xogos e deportes tradicionais. Participarán da Mostra distintas entidades de Galiza, Portugal, Asturias, Castela-León e Euscadi.
Co obxectivo de lle dar pulo aos xogos tradicionais na comarca do Barbanza, ven de nacer unha nova asociación, Enredos, colectivo que, xunto ao Concello de Noia, vai poñer en marcha no primeiro semestre deste ano 2008 os Encontros de xogos tradicionais na rúa.
E seguimos falando da Candidatura do Património Imaterial e da Asociación Ponte...nas ondas!. Despois de facérense públicos os apoios do Congreso dos Deputados de España e do Parlamento de Galiza a esta candidatura, esta asociación lanza un novo videoclip promocional da NOVA OPORTUNIDADE para o património imaterial galego-portugués.
E seguimos falando da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas! e do traballo realizado por este colectivo. Nesta ocasión é para as/os parabenizar por motivo duplo.