O veciño de Melide Guillermo Gómez Lareo foi o vencedor absoluto do I Campionato de Tirapedras da Galiza central, e Adrián Sánchez, tamén de Melide, proclamouse vencedor en categoría infantil.
O Torneo Galego de Bolo Celta, o Torneo de Chave, a Billarda, diferentes modalidades de Birlos, o Corte de Troncos en Altura, a exposición e o obradoiro de xoguetes tradicionais conforman algúns dos preto de 60 xogos e deportes tradicionais de Galiza, Asturias, Castilla-León e Portugal que se poderán ver e practicar o 25 de agosto en Santalla - A Pontenova.
A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, entidade integrada en Brinquedia, organiza os vindeiros 20 e 21 de agosto na vila de Melide, a I Mostra de Xogos Tradicionais da Terra de Melide e o I Campionato de Tirapedras da Galiza Central.
Unha investigación do Centro de Estudios Sociosanitarios (CESS) da Universidade de Castilla-La Mancha revelou que un programa de actividade física con xogos tradicionais reduce a obesidade infantil. Isto era o que se desprendía das palabras que o seu director Vicente Martínez Vizcaíno pronunciaba semanas atrás nunha mesa redonda organizada pola Fundación Vida e a Fundación Real Madrid.
Vindouro sábado 25 de agosto terá lugar no lugar de Santalla (A Pontenova – Lugo) a I Mostra de Xogos Tradicionais. Ao longo da xornada terán unha especial relevancia as distintas variantes do xogo de dos Birlos/Bolos. Ademáis, na Mostra, organizada polos veciños e polas veciñas deste pequeno e fermoso lugar do norte lugués, haberá espazo para distintas modalidades dos xogos tradicionais galegos, asturianos e castelán-leoneses.
Vindouro día 4 de Agosto, as canchas de birlos/bolos de San Roque - Camos, acollerán unha nova edición das 12 horas De Bolos Camos - Torneo Concello de Nigrán.
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! consegue -por primeira vez na história da educación en Galiza- introducir no currículo educativo do alumnado do ESO o tema do patrimonio imaterial galego-portugués como obxecto de estudo.
A Asociación Cultural Ponte...nas ondas! ven de convocar o I CERTAME DE RECOLLA DA TRADICIÓN ORAL nos centros educativos de ensino non universitário, coincidindo coa Semana da Literatura Oral organizada pola Consellaría de Cultura e Deporte de Xunta de Galiza.
Chegan-nos novas desde a outra beira do Atlántico. Nesta ocasión é para nos comunicar a nova Comisión Directiva da Asociación Argentina de Bolos, conforme ao acordado na Asembleia Xeral Ordinária celebrada o pasado día 3 de maio.