
A
Asociación de Xogadores de Chave de Compostela ten programado para os días
16, 17 e 18 de xullo o
XXXI Campionato de Chave das Festas do Apóstolo 2009. Desde hai uns anos desenvolvese de xeito paralelo un Campionato feminino, que chega á súa
IV edición. Todas as partidas desenvolveranse na
Alameda de Santiago.
O vindeiro
1 de agosto tamén teñen pevisto celebrar o
Torneo da Amizade, onde participarán –ademáis de equipas de Santiago- seleccións de Ourense e A Coruña. Será no
Campo da festa de Figueiras - Santiago.
O campionato do Apóstolo desenvolverase con arranxo ao seguinte horario:
Os días
16 e o 17 comezarán as partidas ás
17 h. co campionato feminino. Ás
20.30 h. tera lugar a modalidade masculina
O día
18 voltarán a comezar as partidas da modalidade feminina ás
17 h. e as masculinas ás
18.00 h. Participan 32 parellas clasificadas nas Eiras de Santiago. Haberá trofeos para as catro primeiras parellas, que consistirán en 8 chaves de prata, dúas a cada parella, e cuxo tamaño irá de maior a menor conforme a clasificación. Cada campión de Eira ten o seu trofeo.
Por outra parte, tamén nos chegan novas das Festas da Ascensión, nas que se ven de desputar o
XXXIII campionato de chave o pasado
20 de Xuño na Alameda de Santiago, cun total de 35 parellas participantes. As catro primeiras parellas clasificadas foron:
1ª
José Pinaque -
Bernardo Torres2ª
Javier Mosquera -
Emilio de la Fuente3ª
Ramón Suarez -
Luis Rozas4ª
Juan Millán -
Javier Colón.