
Onte martes 18 daba comezo en Melide, organizada pola
AGXPT, a
III Festa de xogos tradicionais e todas as prazas da vila de Melide foron re-convertidas en espazos de xogo, recuperando a súa tradicional función como lugares para o lecer. Na
Praza do Convento púdose correr coas carrilanas, na
Praza das Coles tirouse á chave, na
Praza do Pozo Pequeno practicouse o Tiro á lata (xogo este xenuíno da Terra de Melide), e así até un total de 10 recunchos onde desde tempo inmemorial se xogou diariamente. A xornada terá continuidade no día de hoxe, no que cabe salientar o Campionato de Tirapedras ou a exibición de lanzamento dun trompo de 30 gramos.
ProgramaNa programación da Festa inclúese o
III Campionato de Tirapedras da Galiza Central, unha proba que se celebrará hoxe
mércores, 19 de agosto, a partir das 12.00 h. na Praza do Convento. Na edición de 2008 participaron un total de 61 tiradores e tiradoras (entre os cales se atopaban 15 nenos/as e 14 mulleres), pero na presente edición todo indica que o número de concursantes vai ser superior, dada a expectación creada.
Na Festa deste ano inclúese unha exhibición de lanzamento dun dos PEÓNS (buxaina, trompo)
máis pequenos do mundo, de apenas 30 g., que se celebrará o
18 de agosto ás 12.30 h. na Praza das Coles.