
Hoxe celébrase en
Sta. Cruz de Arrabaldo (Ourense) a
XII Baixada de Carrilanas, organizada pola escudería local
A Bruxa de Arrabaldo.
A primeira baixada cronometrada terá lugar
ás 18 h. e a segunda baixada ás 19.30 h. aínda que desde as primeiras horas da tarde han ter lugar as verificacións técnicas, recepción de carrilanas e recoñecimento da pista.
Xa de noite terá lugar unha cea popular e unha discoteca móbil.
Esta baixada está inscrita na
Federación de Deportes de Inercia, polo que está suxeita ao regulamento técnico da propia federación
FDI. Ademáis, a proba vai ser puntuable para o Campionato galego.
Programa