| Este documentos informativo foi creado por Altega – Xestión
de Lecer (ver "Datos
Legais") co fin de informar aos usuarios dos seus diferentes
portais sobre a política de privacidade no que atinxe
á protección de datos de carácter persoal
(en adiante, Datos Personais). Deste xeito, os usuarios determinarán
de xeito libre e voluntario se desexan facilitar a Altega os
Datos Personais que lles poidan ser requiridos por mor da suscrición
dalgún dos servicios ofertados ou a solicitude de información
de diferentes materias.
A nosa política de Privacidade
está regulada nas seguintes Cláusulas:
1. Altega resérvase o dereito á modificación
da presente política co fin de adaptala ás novidades
lexislativas, regulamentarias ou xurisprudenciais así
como ás prácticas comúns do comercio
de servizos. Os cambios que se realicen serán comunicados
unicamente a través desta paxina, coa anticipación
que estimemos razoable para a súa posta en práctica.
2. Algúns dos servizos prestados polos portais poden
ter condicións particulares e a necesidade da recollida
de Datos Personais. A este efecto, comunicamos que estes Datos
Personais serán obxecto de tratamento automatizado
e incorporados ao correspondente arquivo de base de datos
(en diante "Arquivo"). Segundo se recolle na normativa
actualmente aplicable (Lei Orgánica 15/1999, de 13
de decembro, de protección de datos de carácter
persoal), este Arquivo está inscrito no Rexistro Xeral
de Protección de Datos baixo a denominación
de "Clientes"
3. Os usuarios garanten que os Datos Personais que nos facilitan
son veraces e certos, facéndose responsable asemade
da comunicación de calquera modificación nos
mesmos.
4. O Datos Personais son recollidos e mantidos coa finalidade
de informar, xestionar, prestar, adiministrar, ampliar e mellorar
os diferentes servizos do portal, así como a contratación
dos mesmos, segundo a elección dos usuarios ao darse
de alta ou enviar a información que se lle solicita.
Tamén serán empregados para o envío de
información actualizada, técnica e ou comercial
dos servizos que presta Altega, de forma indiferente por medios
electrónicos ou tradicionais.
|
5. Altega adopta permanentemente os niveis
de seguridade de protección de Datos Personais legalmente
requiridos. Procuramos, ademais, instalar de xeito voluntario
outras medidas de seguridade adicionais que eviten a perda,
o mal uso, a modificación, o acceso non autorizaso
e o robo dos Datos Personais facilitados a Altega. Con todo,
os usuarios deben ser consciente que en Internet (ao igual
que sucede no mundo físico), as medidas de seguridade
non son inviolabeis.
6. En ningún caso Altega cederá a terceiros
os Datos Personais dos que é responsable, sen solicitar
previamente a autorización expresa dos propietarios
dos mesmos.
7. Os usuarios teñen recoñecidos e poderán
exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación
e oposición ao tratameno dos seus Datos Personais.
Pode exercer estes dereitos dirixíndose de forma escrita,
acreditanto suficentemente a súa identidade, por correo
electrónico ou postal dirixíndose a: Datos Legais.
8. Altega pode empregar galletas ("cookies") cando
os usuarios navegan polos sitios e páxinas web doportal.
Estas galletas son simples arquivos de texto e só se
asocianco programa navigador dun ordenador determinado (un
Usuario anónimo). Non proporcionan ninalmacenas por
si mesmas o nome e apelidos dos usuarios. No caso de usuarios
rexistrados, é poble gracias a estas galletas que Altega
recoñeza o navigador empregado, sen que os usuarios
teñan que rexistrarse de novo a cada vez para acceder
aos servizos reservados. As galletas empregadas non poden
ler arquivos-galleta creados por outros proveedores. Os usuarios
poden configurar o seu navigador para que este o avisa da
recepción desta galletas, así como impedir a
súa instalación no disco duro. Pregámoslle
consulte as instrucción de uso do seu soporte lóxico
para afondar nesta información. Non se require a activación
de inslación destas galletas para a navegación
polo portal de Altega.
|