Este documentos informativo foi creado por Altega – Xestión de Lecer (ver "Datos Legais") co fin de informar aos usuarios dos seus diferentes portais sobre a política de privacidade no que atinxe á protección de datos de carácter persoal (en adiante, Datos Personais). Deste xeito, os usuarios determinarán de xeito libre e voluntario se desexan facilitar a Altega os Datos Personais que lles poidan ser requiridos por mor da suscrición dalgún dos servicios ofertados ou a solicitude de información de diferentes materias.

A nosa política de Privacidade está regulada nas seguintes Cláusulas:

1. Altega resérvase o dereito á modificación da presente política co fin de adaptala ás novidades lexislativas, regulamentarias ou xurisprudenciais así como ás prácticas comúns do comercio de servizos. Os cambios que se realicen serán comunicados unicamente a través desta paxina, coa anticipación que estimemos razoable para a súa posta en práctica.

2. Algúns dos servizos prestados polos portais poden ter condicións particulares e a necesidade da recollida de Datos Personais. A este efecto, comunicamos que estes Datos Personais serán obxecto de tratamento automatizado e incorporados ao correspondente arquivo de base de datos (en diante "Arquivo"). Segundo se recolle na normativa actualmente aplicable (Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal), este Arquivo está inscrito no Rexistro Xeral de Protección de Datos baixo a denominación de "Clientes"

3. Os usuarios garanten que os Datos Personais que nos facilitan son veraces e certos, facéndose responsable asemade da comunicación de calquera modificación nos mesmos.

4. O Datos Personais son recollidos e mantidos coa finalidade de informar, xestionar, prestar, adiministrar, ampliar e mellorar os diferentes servizos do portal, así como a contratación dos mesmos, segundo a elección dos usuarios ao darse de alta ou enviar a información que se lle solicita. Tamén serán empregados para o envío de información actualizada, técnica e ou comercial dos servizos que presta Altega, de forma indiferente por medios electrónicos ou tradicionais.

5. Altega adopta permanentemente os niveis de seguridade de protección de Datos Personais legalmente requiridos. Procuramos, ademais, instalar de xeito voluntario outras medidas de seguridade adicionais que eviten a perda, o mal uso, a modificación, o acceso non autorizaso e o robo dos Datos Personais facilitados a Altega. Con todo, os usuarios deben ser consciente que en Internet (ao igual que sucede no mundo físico), as medidas de seguridade non son inviolabeis.

6. En ningún caso Altega cederá a terceiros os Datos Personais dos que é responsable, sen solicitar previamente a autorización expresa dos propietarios dos mesmos.

7. Os usuarios teñen recoñecidos e poderán exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratameno dos seus Datos Personais. Pode exercer estes dereitos dirixíndose de forma escrita, acreditanto suficentemente a súa identidade, por correo electrónico ou postal dirixíndose a: Datos Legais.

8. Altega pode empregar galletas ("cookies") cando os usuarios navegan polos sitios e páxinas web doportal. Estas galletas son simples arquivos de texto e só se asocianco programa navigador dun ordenador determinado (un Usuario anónimo). Non proporcionan ninalmacenas por si mesmas o nome e apelidos dos usuarios. No caso de usuarios rexistrados, é poble gracias a estas galletas que Altega recoñeza o navigador empregado, sen que os usuarios teñan que rexistrarse de novo a cada vez para acceder aos servizos reservados. As galletas empregadas non poden ler arquivos-galleta creados por outros proveedores. Os usuarios poden configurar o seu navigador para que este o avisa da recepción desta galletas, así como impedir a súa instalación no disco duro. Pregámoslle consulte as instrucción de uso do seu soporte lóxico para afondar nesta información. Non se require a activación de inslación destas galletas para a navegación polo portal de Altega.

Altega,S.L. some rights reserved 2004-2006 | legal | creditos | privacidade | Deseñado para Get Firefox! por O Clube