O Comité Organizador do I Curso de Xogos
e Desportes Populares e Tradicionais convida a todos/as os/as
interesados/as a apresentar COMUNICACIÓNS LIBRES relacionadas
coa investigación etnográfica, coa aplicación
no ensino ou con diversos aspectos derivados dos Xogos Populares.
• Os resumos das comunicacións deben de
ser recebidos antes do 23 de abril de 2004, ben por correio
convencional ou ben por correio electrónico. Estes virán
acompañados do título da comunicación e
dos dados dos/as autores/as. • O Comité
Organizador seleccionará entre as comunicacións
apresentadas as que considere mais adecuadas á temática
do Curso. • Os/as autores/as poderán enviar
unha Comunicación en Galego, Castellano ou Português.
|
• A comunicación completa non deberá
exceder de 10 páxinas de 30 liñas cada unha e
70 caracteres por liña. • As Comunicacións
serán apresentadas no marco do Curso, os vindeiros 28
e 29 de maio de 2004, no Centro Cultural da Caixanova de Ourense.
• O/a autor/a disporá de 20 minutos para
expoñer o tema e 5 minutos para perguntas. •
O/a autor/a deberá informar ao Comité Organizador
das súas necesidades en cuanto a recursos materiais para
a apresentación no momento da súa confirmación.
• Todas as comunicacións, ao igoal que as
ponencias, recollerán-se nunha publicación posterior
ao Curso.
• Expedirá-se un certificado acreditativo
de participación como comunicador/a neste curso.
ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN
|